(28/05) Entramos xa na última recta do curso para o alumnado de 2º BACH. Os finais sempre sorprenden, e este curso sen dúbida, será moi especial. Moitos alumnos e alumnas deixarán o centro logo de 6 anos polas nosas aulas. Demasiado tempo xa, e toca un cambio, subir un escalón na vida, cambiar de ambiente e de pre-ocupacións. Cada vez que pasa as circunstancias son distintas, e nos tempos que nos tocan, a incertidume é aínda máis grande.
Sexa como sexa os tempos son cumpridos e a propia natureza obriga ao cambio, así que.... sigamos preparándonos para ese cambio.... Hoxe teremos unha proba escrita, e como sempre teredes tempo para responder convenientemente, sen superar os tres folios, e coas normas estéticas de presentación que esiximos desde o principio, tamén coas esixencias de entrega telemática ás que xa nos estamos acostumando. É unha proba de recuperación para o alumnado que non superou estes temas, e unha proba de mellora para os/as que xa o tedes aprobado. O mundo faise cada vez máis grande e cada vez máis virtual, e iso non supón que estudiemos menos!
A partires da semana que ven introduciremos a posibilidade de ensinanza presencial voluntaria para a ABAU, e retomaremos a supervisión do traballo do alumnado de 1º BACH e dos cursos da ESO onde a Filosofía ten presenza, aínda que só sexa testimonial.
Sorte a tods e verémonos nas debidas condicións....
#encasacoaFilosofía