Skip to Content

Blogues

(22/12/2020): Xubilación de Carmen Rañón

 

A comunidade educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo felicita a Mari-Carmen Rañón, profesora recentemente xubilada. Grazas Carmen, por todo o teu traballo e esforzo, por ser sempre exemplo de saber facer e por tantas horas dedicadas a alumnado con moitas e diversas necesidades. Querémoste!

 

 

(18/12/2020): Obradoiro de Zostera

PRADEIRAS MARIÑAS, Tesouros de Diversidade

                 

O pasado venres 18 de decembro, o alumnado de 1º de ESO participou nun obradoiro a cargo do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre as pradeiras mariñas de zostera ou herba do mar. Durante a actividade, aprenderon moitas cousas sobre estes ecosistemas de alto valor ecolóxico, tan próximos a nós pois e, ao mesmo tempo, tan descoñecidos.

BO NADAL E SAUDABLE 2021

Cos nosos mellores desexos.... Imos rematar as clases por este ano 2020, e queremos facelo coa confianza e coa esperanza de que seremos capaces de superar calquera adversidade, e de que teremos a forza suficiente para levar a cabo o que nos propoñamos, a pesar das dificultades e dos atrancos que as circunstancias e os "outros" se empeñen en colocar diante do noso futuro. Son malos tempos pero son os tempos que nos tocan, así que deixemos que os recordos nos animen e volvamos con toda a forza a plantar cara ao 2021...

Estes son algúns dos bos desexos que compartimos hoxe (co grupo de alumnas de FILOSOFÍA 4º ESO, que son tamén embaixadoras Junior do Parlamento Europeo), co grupo de 1º BAC B (que son a miña titoría), e algún outro que quedou moi moi atrás....

BO NADAL E SAUDABLE 2021!!!!

Pero temos outras...

E un testigo antigo da nosa historia....

CON TODA EDUCACIÓN....! que tanta falta fai nestes tempos....

 

EXPOSICIÓN O NOSO MUNDO O NOSO FUTURO

Durante estes primeiros días de decembro puidemos visitar na entrada do centro unha exposición sobre o mundo no que vivimos e as realidades socioambientais que nos afectan. Unha reflexión sobre todo o que está pasando debe ser obrigatoria e debe ir acompañada da información necesaria sobre o que nos rodea para que consigamos ter unha perspectiva o suficientemente aberta e tolerante que permita comprender que o mundo é redondo e non plano, e que somos moitos os seres humanos que vivimos nel, e TODS podemos facer algo positivo para melloralo.

Os departamentos de Filosofía e Bioloxía coordinamos esta actividade que estaba programada para o pasado mes de maio e que as circunstancias impediron. Agora volvemos a retomar aquelas iniciativas e en breve poderemos albergar unha nova exposición sobre a que informaremos no seu momento.

 

Reportaxe actualizada

Hoxe o suplemento de La Voz de la Escuela de La Voz de Galicia faise eco de novo das reportaxes que se levan publicadas no proxecto PERIODISMO EN LA ESCUELA, e no que participaron 6 alumnas de 2º de BAC: Celia Fernández Tojo, Claudia Villapol Duarte, Lucía Fernández López, Carla López Rodríguez, Nekane García Fernández e Carlota López González.

Queremos recoñecer o bo traballo realizado, máxime tendo en conta que o fan nun momento crucial da súa vida docente, o derradeiro curso no centro, que soe estar plagado de agobios e presións por todas partes. Estas alumnas souberon compaxinar o seu traballo de aula, cun traballo de campo moi completo en torno ás desigualdades. Lembrámosvos aquí a posibilidade de acceder a ese traballo e votar por esta reportaxe como unha forma de visibilizarmos e solidarizarmos con esta reflexión ampla, profunda e sen lugar a dúbidas, necesria no mundo e no momento que nos toca vivir.

Coa esperanza de movermos en común cara a metas de tolerancia e respecto VOTADE o traballo das nosas alumnas, das vosas compañeiras, por elas e por todo o que se atreveron a decir e defender. Nese traballo nos atoparedes sempre!!!

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Non podedmos deixar pasar esta data tendo presentada recentemente unha reportaxe en torno as desigualdades. Unha parte desa reportaxe estaba adicada a reflexionar sobre a necesidade de practicar a INCLUSIÓN  e asimilala como parte do noso comportamento cotiá. Esa parte quedou desbotada da publicación (e tamén outras reflexións que abriremos en datas vindeiras), e a recollemos agora para compartirla con todos vos.

Crimos nela cando a escribimos e seguimos convencidos da súa necesidade. Escoitade (lede) pois as nosas reporteiras e aunemos esforzos para crear unha sociedade aberta... INCLUSIÓN

 

25 de novembro Día Internacional contra a violencia á muller

Un curso máis clamamos contra a violencia e todas as formas de agresión contra a muller!!!

Foi un lema de fai moitos cursos, pero, por desgracia, segue a ser un grito unánime. Recuperamos así esta loita e co novo alumnado traballamos en reportaxes sobre IGUALDADE (Periodismo na escola) e facémonos oir en twiter, na nosa conta de actividades @cosmopolitas1. Haberá máis espazos para reivindicar e concienciar sobre os problemas que consideramos decisivos para a nosa existencia e poderedes colaborar con nos na nosa loita de vida.

Tamén elaboramos un video no que as alumnas de Filosofía de 4º ESO explican as razóns da elección da data do 25N, Podedes velo premendo neste enlace, ou tamén en twiter.

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

Un ano máis debemos facermos eco da proclama da UNESCO do 2005 reivindicando a necesidade da Filosofía nas nosas escolas. Un ano máis as decisións políticas apartan á Filosofía do seu debido cumprimento. Queremos sumarmos á chamada de atención de moitas agrupacións e colectivos nada corporativistas e lanzar un grito mundial en defensa dos nosos obxectivos. A nosa colaboración é un pequeno artigo que máis ben soa a panexírico dada a natureza da cuestión actual. Podedes lelo, comentalo, expandilo e criticalo desde estes espazos públicos.

FILOSOFÍA AD PORTAS

Tamén nos leron en La Voz de Galicia 

E en Crónica 3

E en La Comarca cederon un espazo de cómoda lectura! Grazas a TODS!!!

 

 

Somos Escola Embaixadora do Parlamento Europeo!

O pasado 17 de xullo o centro recibiu a noticia da selección como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo para o curso 2020-2021.

O traballo desenvolvido desde fai anos na Coordinación de Proxectos Europeos acada así un recoñecemento máis polo seu esforzo e adicación ao ensino, á realidade europea e á necesidade de unir países e persoas na construcción dun futuro en común.

O programa pretende aumentar o coñecemento de Europa e a democracia parlamentaria entre os xoves. As directrices básicas que estes centros referentes dinamizan co alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BACH son:

- Manter un InfoPoint sobre o Parlamento Europeo actualizado no centro.

- Traballar contidos relacionados co Parlamento Europeo.

- Levar a cabo actividades durante o curso relacionadas coa Unión Europea.

- Celebrar o 9 de maio, "Día de Europa".

De todas estas iniciativas xa hai información na web do centro, e no propio blog do departamento de Filosofía, no que se encadra esta tarefa complementaria que a tantas xeracións de Ribadeo ten acompañado por Europa.

Noraboa pois a toda a comunidade educativa de Ribadeo porque isto sitúa ao noso centro como única Escola Embaixadora de Parlamento Europeo de Lugo, unha das 6 de Galicia, e unha das 100 de toda España. Esperamos que o traballo do alumnado e a colaboración do profesorado supoñan un aliciente máis para o vindeiro curso.

Deixamos aquí a mensaxe de benvida de David Sassoli a todas as Escolas Embaixadoras!

Novas sobre o centro en Cronica3.com.

Artigo do 1 de agosto en La Comarca del Eo

Tamén La Voz de Galicia fíxose eco da nosa selección (non hai noticia pequena). Mércores 5 de agosto.

 

 

A Mariña Xa (Xornal Independente da Mariña) tamén fixo un oco nas súas páxinas para este recoñecemento...

Distribuir contido


by Dr. Radut