Skip to Content

INSTRUCIÓNS E HORARIOS DE MATRÍCULA 2024-25

Achégase a seguinte documentación:

  • INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA 2024-25
  • IMPRESOS DE MATRÍCULA 2024-25: o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º, 2º de BACH fixo prematrícula. Cando veña a formalizar a matrícula deberá confirmar os datos cubertos na prematrícula ou realizar os cambios que considere. Se non fixo prematrícula deberá traer cuberto o impreso de matrícula correspondente. En caso de divorcio deberán asinar os impresos os dous proxenitores.
  • SOLICITUDE DE SERVIZO DE TRANSPORTE
  • SOLICITUDE DE COMEDOR
  • AUTORIZACIÓN USO DE IMAXE: as familias (se o alumnado é menor de 14 anos) ou o propio alumnado (se é maior de 14 anos) deberán entregar este documento para autorizar, ou non autorizar, a difusión de imaxes coa finalidade de promover as actividades e eventos realizados no centro.

HORARIOS DE MATRÍCULA (máis información nas instrucións de matrícula):

  • 1º ESO: martes, 25 de xuño
  • 2º ESO: mércores, 26 de xuño
  • 3º ESO: xoves, 27 de xuño
  • 4º ESO: venres, 28 de xuño
  • 1º BACH: luns, 1 de xullo
  • 2º BACH: martes, 2 de xullo

A dirección

 

Finais torneos deportivos

O último venres de curso puidemos gozar das semifinais e finais dos torneos deportivos que se organizaron durante este curso 23-24.

Representación obra teatral "A Enciclopedia Álvarez"

VER VÍDEO

O último día do curso, o alumnado de 2º de ESO de Proxecto Competencial representou a obra teatral “A Enciclopedia Álvarez” dirixido pola súa profesora Mirian Bouso.
Descubrimos grandes talentos descoñecidos para nós os que haberá que seguir a pista porque chegarán moi lonxe. Unha grandísima experiencia tanto para os actores e actrices como para o público, alumnado, profesorado e familias que disfrutaron da actuación.
Como ben dixo a súa directora: Que viva o teatro!!

XUBILACIÓN MACU E LUIS

VER VÍDEO

O 27 de xuño, celebramos con Macu e Luis o final dunha etapa e no nome da comunidade educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, queremos darlles a noraboa por tantos anos de traballo ben feito, de implicación e sobre todo de cariño e coidados para todos e todas. Querémosvos!

Clausurada con éxito a XXIX Feria da Ciencia

GALERÍA DE FOTOS

Numeroso público se achegou os días 13 e 14 de xuño ó IES de Ribadeo Dionisio Gamallo onde se celebrou a XXIX Feira da Ciencia. Os traballos presentados recibiron numerosos parabéns dos visitantes que tamén quedaban sorprendidos coa beleza do cartel anunciador, obra da alumna Claudia Loureiro.

Festa fin de curso Departamento Portugués

VER FOTOS

No patio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, no día 21 de xuño, data de peche do curso escolar, no ámbito dunha forte articulación interdisciplinar, o alumnado de portugués tivo un momento de encontro compartindo momentos en conxunto.

Premios I Bioblitz IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

 

Para completar a actividade do I Bioblitz IES Ribadeo durante a cal se fixo un rexistro intensivo de especies no xardín do instituto e alrededores, tivemos unha sesión post-saída e Belén Pérez Teijo, socia colaboradora da Plataforma “Fotografía y Biodiversidad” amosounos a forma de obter moitos datos estadísticos a partir das observacións que subimos á plataforma Observation.org. durante a actividade.

Fin de curso no Club de Ciencia do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

O último luns de maio, o alumnado do Club de Ciencia do IES Ribadeo Dionisio Gamallo xunto co profesorado implicado: Andrés Rodríguez, Javier Rodríguez, Noelia González e Susi Besteiro, xuntámonos coma sempre no recreo de mediodía pero esta vez non era para facer experimentos senón para celebrar o final do Club de Ciencia por este curso.

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL BÁSICA

 

HORARIO DO CURSO: ABRIL-MAIO (QUENDA 1)

 

O noso centro incorpórase á Rede de Capacitación Dixital de Educación Dixital, polo que impartirá cursos de capacitación dixital ao longo do curso 2023-24.
Obxectivos xerais principais dos cursos

  • Identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais.
  • Comunicar en contornas dixitais e compartir recursos propios a través de ferramentas en liña.
  • Crear e editar contidos dixitais novos.
  • Protexer a información e datos persoais.
  • Identificar necesidades de uso de recursos dixitais para ampliar coñecementos.

Características dos cursos
Son cursos gratuítos de 30 horas en horario de tarde. Haberá varios grupos e diversas quendas e horarios. Unha vez superado obterás un certificado de asistencia e aproveitamento válido para oposicións, concursos, bolsas...
Destinatarios
Persoas maiores de 18 anos non matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación.
Matrícula
Na secretaría do centro de 08:30 a 14:00 h.
Contacto
Correo electrónico ou no teléfono 982870666

 

Distribuir contido


by Dr. Radut