Feito polas Seccións Bilingües
O que facemos nas Seccións Bilingües
É un sinal de identidade do noso centro o potenciar ao máximo as posibilidades do noso alumnado. Un dos aspectos que consideramos fundamental é o de fomentar o estudo das linguas. Dentro das ferrramentas que temos para que o noso alumnado acade un adecuado dominio do inglés atópanse as Seccións Bilingües. No seguinte vídeo podedes ver como se levan a cabo.
Bilingual Sections from matesrou on Vimeo.
O reto do manequín
O alumnnado da Sección Bilingüe de Física e Química de 2º ESO levou a cabo o reto do manequín. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como lles foi.
Mannequin challenge from matesrou on Vimeo.
O efecto invernadoiro
Queredes saber en que consiste o efecto invernadoiro? E algúns consellos para aforrar enerxía? Neste vídeo, Emily, da Sección Bilingüe en Ciencias da Naureza, volo explica. Podedes aproveitar tamén para practicar o voso inglés.
Inmersión lingüística
O alumnado das Seccións Bilingües de 2º da ESO participou durante unha semana nun programa de inmersión lingüística levado a cabo no centro de excelencia dos Peares.
Muros virtuais
Aquí tedes un de exemplo de muro virtual feito polo alumnado da Sección Bilingüe de 2º ESO como unha das actividades da nosa participación no proxecto Recíclate con SOGAMA.