Iniciar sesión

Secretaría virtual

Francés

Fast fashion

O alumnado de francés de 1º de BACH B/C elaborou varios traballos de investigación en torno á Fast fashion. Este proxecto enmárcase dentro do noso PLAMBE " 2030 Unha odisea no ROU" que este curso xirou en torno o ODD12- Consumo e produción responsables. Parabéns para elas e eles polas súas conlusións que denotan o seu compromiso co mundo que nos rodea a súas ganas de melloralo.

Facede clic na imaxe e accederedes.

Traballando a diversidade a través do cómic

No Club de lectura de francés deste curso, traballamos a diversidade e a igualdade a través do cómic. Se facedes clic na imaxe teredes unha mostra do que fixemos.

Intercambio Vigo-Rennes 2022-23

Na nosa estancia en Francia, tivemos a gran sorte de poder visitar o fermosísimo Mont Saint-Michel, patrimonio mundial da humanidade. Este foi sen dúbida un momento máxico que decidimos inmortalizar  xunto cos nosos compañeiros e as nosas compañeiras de viaxe do IES Rosais 2.
 
 
Non nos gustan as despedidas mais c'est la vie! 
Grazas por esta aventura inolvidable/inesquecible. À bientôt!

Agora tócanos a nos

Despois da visita que nos fixo o alumnado francés, tócanos a nos  devolvela. Así pois, os nosos rapaces saen o día 23 cara Rennes, onde estarán ata o seguinte xoves.

Se facedes clic na imaxe accederedes ao programa da estancia.

Bon voyage.

Recibidos polo alcalde

O venres 3 marzo, o alumnado francés e español foi recibido no Concello polo noso alcalde,que alabou a importancia deste tipo de iniciativas para o enriquecemento cultural e personal da nosa rapazada, así como o hermanamento entre países.

Posteriormente,disfrutamos dun percorrido gratuito no bus turístico para mostrárlle a nosa fermosa cidade aos nosos convidados.

Fotografía: cortesía do Concello de Vigo

Conte avec moi

O luns 27 de febreiro, o alumnado de francés de 1º e 2º de ESO disfrutou e participou activamente nun obradoiro de contos africanos, animado polo profesor e narrador Samuel Montoumnjou. “Conte avec moi” é un proxecto educativo que xira en torno aos contos e a narración. A actividade, organizada polo Departamento de francés e a bliblioteca do centro, foi elaborada para reforzar a comunicación oral en lingua francesa e a súa aplicación práctica lévase a cabo a través de actividades de interacción e mediación. Os numerosos obxectivos deste proxecto son pedagóxicos, linguísticos,literarios, culturais, interculturais e lúdicos.

No Faro de Vigo

O noso programa de intercambio con alumnado francés de Rennes é obxecto de noticia no Faro de Vigo. Se facedes clic no recorte poderedes acceder ao contido da información.

Programa intercambio alumnado francés

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder ao programa que seguirá o alumnado francés de intercambio.

DELF Scolaire

O 1 de febreiro comeza o prazo de matrícula para o DELF Scolaire, un diploma expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia para acreditar as competencias en francés. Tradicionalmente, o noso alumnado ten obtido excelentes resultados, polo que é unha grande oportunidade para os que esteades interesados en contar con dito diploma.

Nos arquivos adxuntos tedes a toda a información correspondente.

 

Intercambio Vigo-Rennes

Xunto co IES Rosais 2 estamos a organizar un intercambio co alumnado do Lycée René Descartes de Rennes (Francia). Se facedes clic no seguinte enlace poderedes acceder a máis información.

Datos para o primeiro pago:

  • Importe 205 € para a compra dos billetes de avión Oporto-Rennes/ Rennes-Oporto coa compañía aérea EasyJet (data límite, luns 16 de xaneiro).
  • Nº Conta BBVA: ES52 0182 4899 1702 0151 6762.
  • Titular: AVORIS - B TRAVEL.
  • Asunto: Indicar o nome do alumno ou alumna e se é do ROU ou ROSAIS 2.

Darásevos posteriormente un impreso onde deberedes cubrir diversos datos (data de nacemento, DNI, normas de comportamento...).

Distribuir contido