Xeografía e Historia
O Día Mundial da Arte
Cada ano, o 15 de abril, a celebración do Día Mundial da Arte contribúe a reforzar os vínculos entre as creacións artísticas e a sociedade, a fomentar unha maior conciencia da diversidade das expresións artísticas e a entender a cultura como camiño cara a unha educación inclusiva e equitativa. Dende o ROU as alumnas de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, escolleron unha serie de murais do proxecto Vigo, cidade de cor e vencelláronos aos versos de distintas poetas contemporáneas.
Visita a Santiago
O pasado 20 de febreiro, as alumnas da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato participaron nun obradoiro de Arte e Igualdade no Centro Galego de Arte Contemporánea, visitaron as cubertas e o interior da Catedral de Santiago e asistiron a unha charla sobre a ABAU e a USC no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto
Co gallo do Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto, o venres 25 recibimos no auditorio do ROU a Guillermo Touza. O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a historia das Irmás Touza a través dos seus recordos, actividade complementaria á lectura en galego de "Memoria do silencio" de Eva Mejuto.
Programacións
No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.
Percorrendo unha etapa da Historia
O pasado 4 de abril os tres grupos de 2º ESO percorreron un anaco dunha das etapas do Camiño Portugués a Santiago de Compostela da man do Departamento de Xeografía e Historia e acompañados por Olegario e Juan Guirado. O gallo de tal andaina era visitar a cidade medieval de Tui, seguir os sinais dos peregrinos, camiñar polas súas ruas estreitas e empedradas buscando a entrada agochada do "Pasadizo de Dona Urraca", raíña ben coñecida como "A Temeraria" filla e sucesora de de Alfonso VI e medio irmá de Tareixa de Portugal que viviu nestas terras polo século XI. Para iso seguimos un xogo de pistas que nos fixo remover cada recuncho do casco vello, entrar e saír das murallas, pescudar nas esculturas románicas e góticas que decoran á catedral, preguntar á veciñanza pola toponimia, descubrir as pegadas da comunidade xudea na vila, etc... O que veñen sendo aprendizaxes significativas. A choiva foi prudente e non apareceu, xantamos na ribeira do Miño e regresamos ao ROU con algo máis que os táper baleiros na mochila, ou eso esperamos....Parabéns á rapazada polo seu comportamento.
A Reconquistiña de Caleb
Espectacular clase maxistral a que deu Caleb, alumno de 1º ESO A, na materia de Historia Contemporanea de 4º ESO Non bilingüe, agasallounos coa proxección da obra mestra do cinema de animación da súa autoría sobre a Reconquista de Vigo con figuras de Playmobil.
Previamente recreou na pizarra o contexto histórico da época cunha teatralizada explicación dos motivos que levaron á invasión Napoleónica. Nin que falar da soltura, presenza e claridade diente da audiencia de 4ESO á que capturou ca súa narración tan ben fiada.
Agradecemos a súa xenerosidade ao compartir este fabuloso traballo de ambientación histórica que nos axuda a conmemorar o día da Reconquista dende o ROU a través do talento dun dos seus alumnos. Bravo Caleb!! Se facedes clic nas imaxes poderedes acceder aos vídeo das versións en inglés ou en galego.
VERSIÓN EN GALEGO |
VERSIÓN EN INGLÉS |
Visita mundo empresa e economía alumnado 1º ESO C
22/03/2022. Visita do alumnado de 1ESO C ao círculo de emprendedores de Galicia e á Terminal de Carga de contenedores do Porto de Vigo
A primeira parada da xornada foi no Círculo de empresarios de Galicia na rúa García Barbón de Vigo, onde recibiron unha charla do emprendedor vigués Manuel Montes, CEO da iniciativa emprendedora Handy Gym que revolucionou o mundo do fitness desenvolvendo unha proposta de ximnasio portatil a partir da necesidade de mellorar a calidade de entrenamento das persoas que, como Manuel, conviven co Parkinson. Trátase dunha tecnoloxía usada pola NASA para manter o tono muscular dos astronautas en ambientes sen gravidade e tamén polos mais nomeados deportistas de élite do mundo.
A sesión resultou motivadora, inspiradora e moi útil. Serviu de punto de partida para unha interesantísima reflexión que fixemos ao chegar ao IES sobre as capacidades, a de soñar, a de crear, a de arriscar e a de aportar, en definitiva , de "atreverse a emprender". Reiteramos o noso agradecemento e felicitación á Manuel Montes por achegarnos a súa experiencia. Coñece mais en:
Como remate, a visita a Termavi , guiada por un excelente comunicador, Antonio Seoane, non deixou indiferente a ningún dos mozos e mozas do grupo que abriron os ollos a una anaco de cidade gañada ao mar que, malia a ter frente aos ollos a cotío, descoñecían absolutamente. A charla de loxística portuaria, chea de aspectos técnicos, foi elegantemente adaptada ao seu nivel de comprensión o que resultou imprescindible para mantelos conectados en todo momento.
EXCELENTE PROGRAMA!!
Mercedes Martín (Titora de 1 ESO C)
Roteiro social e económico do alumnado de 4º ESO
Rematamos co ciclo de visitas guiada pola arquitectura ecléctica do Ensanche de Vigo con 4 ESO A/B/C na materia de historia. Dende a Pórta do Sol ata a Alameda pasando polas rúas Policarpo Sanz e García Barbón, no contexto dos contidos da materia sobre as consecuencias económicas das revolucións industriais, a arquitectura historicista e a sociedade española de finais de século XIX.
Esta é unha visita dunha hora e media reparando no exterior dalgúns dos edificios mais senlleiros de finais de século XIX e principios do XX de Vigo. Revivindo unha historia de crecemento económico e esplendor arquitectónico parellos, protagonizados por unha burguesía culta relacionada co negocio da pesca, da conserva, das navieiras e consignatarios, dos asteleiros e da banca. Descubrimos no percurso da visita a Indianos filántropos como promotores de moitos dos inmobles que aínda hoxe rexentan as pricipais rúas da cidade, a arquitectos locais e foráneos de nomeado prestixio competindo por levantar os mais espectaculares alzados e a a un gremio de canteiros herdeiro da máis antiga tradición galega.
Se facedes clic no seguinte enlace poderedes acceder a un interesante vídeo sobre a actividade.