Matemáticas
A maxia no ROU
Para despedirnos dun xeito divertido, o último día de clase tivemos o pracer de contar no noso centro co mago Xulio Merino, unha das grandes promesas da maxia nacional. Gañou o prestixioso "Premio Ascanio de maxia de cerca" e apareceu en programas de televisión como o programa estadounidense “Fool Us” ou o programa "El Hormiguero" de Antena3.
O noso alumnado participou realizando un truco de maxia matemática e formando parte do espectáculo.
Programacións
No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.
Fotos mates sostibles
Aquí tedes un pequeno vídeo feito por Xulio Banga coas fotos que enviou o alumnado de 1º ESO para a actividade "Retratando as mates sostibles". Como xa vos informamos fai uns días, tedes máis información na súa conta de instagram.
Retratando as matemáticas sostibles
Este mes comezamos coa primeira actividade deste proxecto anual e será o alumnado de 1º ESO quen tomará fotografías do Vigo sostible acompañadas de títulos matemáticos con motivo do Día mundial das cidades o 31 de outubro. Cal é a vosa imaxe favorita? Esperamos que sigades a nosa conta e seleccionedes “Gústame” ás mellores fotografías.
Facede clic na imaxe e accederedes.
Concurso fotografía Nadal matemático
Esperamos que miredes o Nadal en Vigo baixo unha mirada matemática. Así que convocamos este concurso de fotografía matemática sobre o Nadal na cidade. Animádevos a participar!
I congreso de estatística no noso centro
As matemáticas poden aplicarse a moitas situacións e facilitan a resposta a moitos problemas que poden plantexársenos. O alumnado de primeiro de ESO, coordinado polas profesoras do departamento de matemáticas Mariña López e Adela Rodríguez, deron esta solucións no I Congreso de Estatística, celebrado no noso instituto.
Un destes traballos (feito por Miguel Carbalho, Andrea Núñez, Gabriel Rodríguez e irene Román) resultou finalista no XI Concurso de Sondeos e Experimentos, que defenderon na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
Se queredes saber algo máis, facece clic nos seguintes enlaces:
A meteoroloxía no ROU
Como parte do proxecto de Meteoescolas, o alumnado de 1º, 3º e 4º ESO, baixo a coordinación da profesora Mariña López, recolleu datos na estación meteorolóxica situada no noso instituto durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Agora presentamos os resultados da análise destes datos realizada polo alumnado de 1º ESO.
Se queredes velos deberedes facer cli aquí.
Participación concurso matemático
Alumnado de primerio, segundo e terceiro da ESO participou no concurso europeo "Canguro matemático". Na foto tedes o diploma da nosa participación.