Iniciar sesión

Secretaría virtual

Inglés

Interviewing pilgrims

Durante o mes de Xuño, a sección bilingüe de 1 ESO, coordinado pola profesora de inglés Palmira Calvar, levou a cabo un proxecto no que os alumnos entrevistaban a peregrinos que realizaban o camiño portugües ao seu paso por Teis. Quixemos por en práctica parte do traballado na aula durante o curso. Todos os pasos do proxecto quedaron reflectidos no vídeo que vos mostramos máis abaixo.

London in five days

Aquí temos un vídeo da viaxe a Londres do noso alumnado de primeiro de bacharelato, organizado polo Departamento de Inglés. Polo que parece, mal non o deberon pasar.

Mercado solidario

Coordinado pola profesora Palmira Calvar, do Departamento de ingés. Durante unha semana o alumnado e o profesorado do ROU tivo a posibilidade de intercambiar roupa nun mercado orgaizado na ágora coa roupa que foron traendo nas semanas anteriores e pola que recibían vales para intercambiar por roupa no mercado. A roupa sobrante donouse a Cáritas de Teis. A actividade enmárcase dentro do ODD12 Producción e consumo responsable do noso PLAMBE "2030: unha odisea no ROU".

 

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Save the planet! Swap, don't shop!

Mercado segunda man na Ágora do IES ROU

Durante a semana do 23 o 27 de maio celebraremos a Semana de concienciación sobre o consumo responsable.

Para iso solicitamos que todo o alumnado que o desexe traia unha ou máis pezas de roupa durante a semana anterior (18-20). Entregaráselle un vale que poderá intercambiar durante os recreos (23/27 maio) por outros artigos. 

A roupa que sobre, de ser o caso, será entregada a Caritas Teis.

Podede acceder a máis información se facedes clic no enlace  ao blog da profesora Palmira Calvar.

 

A lectura, tamén en inglés

Este curso un grupo de alumnos de 3 ESO, coordinados pola profesora do departamento de inglés, Palmira Calvar, leu The Breadwinner da escritora canadiana Deborah Ellis. Se facedes clic na imaxe teredes un pequeno vídeo sobre este proceso  e a interesante historia que se narra neste libro.

 

Enjoy it!

Ides ter a oportunidade de ver como se leva a cabo a nosa tradicional empanada de xoubas pero en inglés. Feito pola nosa profe de inglés, Palmira. 

Axudas linguas estranxeiras

No arquivo adxunto tedes información sobre as axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras. Animádevos, porque é unha oportunidade excelente para mellorar.

Distribuir contido