Iniciar sesión

Secretaría virtual

Física e química

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Defensa proxecto STEMbach

A alumna Ana Sande Álvarez defendeu o pasado día 17 o seu traballo de STEMbach titulado "Estudo de Esforzos Nunha Ponte Peonil da Autovía A-55". O acto tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e a súa defensa recibiu os parabéns do tribunal, que a calificou de sobresaínte.

O traballo foi titorizado polo profesor do Departamento de Física e Química D. Cándido Carrera Vázquez e D. José Carlos Caamaño Martínez, do Departamento de Enxeñería de Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, da Universidade de Vigo.

Na foto que acompaña podedes ver a alumna cos membros do tribunal: D. Pablo José Martínez Rodríguez, Dna. Adela Rodríguez Rodríguez e D. Félix Fernández Abalde.

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

A física e o tempo

Aquí tedes o fermoso arco da vella dobre que podiamos ver mentras estudabamos física. Un exemplo da dispersión (descomposición da luz solar nas súas cores constituíntes). Que o disfrutedes.

O Barroco, a Ciencia e o ROU

Queredes ver que relación teñen as tres cousas das que fala o título? Botádelle unha ollada ao que fixeron os alumnos de 4º da ESO: 

As ondas e o ROU

Alumnado de primeiro e segundo de bacharelato asistiu hoxe a unha charla impartida polo profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, José Benito Vázquez Dorrío, co título: "Física Re-Creativa: interferencias". Resultou moi amena e instructiva grazas ás múltiples experiencias que se levaron a cabo, en varias das cales participaron os nosos rapaces.

Na foto tedes un momento desta moi interesante charla.

 

Os átomos invaden o noso instituto

Hoxe o profesor Héctor Álvarez Pol, do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, impartiu unha charla ao alumnado de segundo de bacharelato cuxo título era "Do corazón da materia ao interior das estrelas". Foi sen dúbida un momento onde todos aprendimos moitas cousas, resultanto sorprendente a relación que existe entre a xeración de átomos e as supernovas. Agredecemos ao profesor Álvarez Pol (ao que podedes ver na foto) a súa presencia e o carácter didáctico da súa intervención.

 

O reto do manequín

O alumnnado da Sección Bilingüe de Física e Química de 2º ESO levou a cabo o reto do manequín. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como lles foi.

Mannequin challenge from matesrou on Vimeo.

II competición de robots

O pasado venres, tres equipos do noso centro participaron na II Competicións de Robots, que tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial. Un dos nosos robots coseguiu chegar á final e faltounos moi pouco para poder acadar un mellor resultado. As nosas felicitacións a todo o alumnado participante pola súa actitude de esforzo e superación.

Aquí tedes a "actuación" da nosa estrela:

 

O MELLOR SEGUELIÑAS from matesrou on Vimeo.

Se clicades aquí podedes ampliar a información cunha noticia publicada no Atlántico Diario

O Radón e o ROU

O venres, día 11, contamos no noso centro coa presenza da profesora Dolores Cortina, membro do departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago. Dita charla tiña como título "El Gas Radón en Galicia" e enmárcase dentro do programa "El CPAN en el Instituto", unha actividade organizada polo Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN).

Queremos agradecerlle á profesora Cortina a súa realmente didáctica exposición sobre un tema de moitísima importancia, sobre todo na nosa terra. 

Distribuir contido