Sobre a biblioteca
Para saber algo máis sobre a nosa biblioteca
A Biblioteca do ROU é un espazo aberto á aprendizaxe, un punto de encontro onde poderedes atopar diversos fondos en préstamo (libros de narrativa, informativos, novela gráfica e cómic, revistas, dvd, xogos de mesa...) e diversas actividades de ocio (obradoiros de diferente temática, traballo colaborativo, encontros con escritores...). Do mesmo xeito a Biblioteca pon en marcha actividades e concursos ao longo de todo curso escolar.
O espazo propio da Biblioteca é unha sala 90m2 con abundante luz natural. Contamos con 9 mesas de traballo, 3 mesas con ordenadores, canón e pantalla para realizar proxeccións, un espazo de lectura informal e expositores coas novidades e recomendacións. O profesorado pode reservar o espazo na Aula Virtual do centro, no apartado de planificación de recursos.
A Biblioteca dispón tamén dun punto de atención continuado na Ágora, que neste momento estase a desenvolver. Trátase dun espazo lector de autopréstamo.
Na actualidade o centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).