Iniciar sesión

Secretaría virtual

Educación física

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Un día no xeo

Máis de 260 alumnos de ESO e primeiro de bacharelato participaron nunha sesión de patinaxe sobre xeo, na pista itinerante da Praia de Samil, en tres días da segunda semana de clase despois das vacacións do Nadal. A convocatoria foi un rotundo éxito.

No seguinte vídeo podedes ver como disfrutaron os os participantes nesta actividade, organizada polo Departamento de Educación Física.

Comendo de xeito saudable

O alumnado de Promoción de Estilos de Vida Saudable (optativa de 2º da ESO) fixo unha merendiña durante a última clase de decembro (luns 17 ás 10:30). A actividade consistiu en: dividir a clase en 3 grupos, lavar, pelar e trocear as pezas de froita que trouxeron, diseñar e montar unha árbore de Nadal en cada grupo, decatarse do bonitas que quedaron, e, finalmente comelas entre todos (picando a froita con palillos).

Aquí tedes algunhas fotos para que vexades o ben que estaba todo.

Programación curso 2021/22

Nos arquivos adxuntos tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

A esgrima a través dos tempos

O luns tivo lugar no noso centro, organizado polo Departamento de Educación Física, unha exhibición de esgrima, onde nos explicaron a súa evolución a través dos tempos. Contamos coa presenza, entre outros, de Rosa Cano Diosa (medalla de bronce europeo, ouro en tres ocasións na Copa América e cinco veces campiona de España) e de Ricardo Soto Caride (campión de España de Tai Chi e especialista en esgrima histórica).

Repasaron a evolución de desta disciplina a través dos tempos, desde as gladio románs ata a esgrima moderna, cuxa base foi a española "espada ropera" que, como o seu nome indica, era un adorno que se levaba na roupa, para moda e defensa persoal.

No seguinte vídeo tedes unha escolma desta interesantísima actividade.

A esgrima a través dos tempos from matesrou on Vimeo.

Membros do Departamento de Educación Física

Alfonso Ruso González

Ángela Soto Martínez

Distribuir contido