Iniciar sesión

Secretaría virtual

Informacións

Agradecemento á ANPA

Seguro que todos estades desexando voltar ao instituto. Pois aquí tedes unha razón máis para facelo: estas estupendas mesas de pimpón doadas pola ANPA.

Esperemos disfrutalas pronto.

Actividades Concello de Vigo

A Concellería de Xuventude de Vigo presenta o programa  “ESTAR DE OCIO”, unha alternativa de lecer saudable  para os adolescentes durante as fins de semana en Vigo. O proxecto está destinado a mozos e mozas de entre 13 e 17 anos residentes en Vigo ás/aos que se lles propón pasar o seu tempo libre de maneira diferente e dunha forma saudable.

O programa de lecer da concellería de Xuventude de Vigo  realizarase de venres a domingos de 17 a 21 horas  ata o mes de decembro. Para asistir ao programa  que é de balde non é necesaria inscrición previa.

Estar de ocio  conta  cos seguintes obradoiros:

  • Obradoiro de HIP HOP.
  • Obradoiro de cultura asiática: (akv events), random, play, karaoke.
  • Obradoiro de  Manga - Cómic - Videoxogos, no que descubriran  o mundo do manga, anime e cultura popular xaponesa.
  • Obradoiro  de rap e de  produción musical.

Tamén contaran con eventos coma,  jams de baile, batallas de freestyle, scape room, karaoke xaponés e obradoiros puntuais con blogueiras/os moi coñecidos.

Terán lugar na Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31).

Distribuir contido