Anuncios
Viaxe fin de curso Andalucía
Adxuntamos a información relevante da viaxe de fin de curso proposta para 4º de ESO.
As familias que xa fixesen o 1º pago de París e continúan na viaxe a Andalucía non teñen que facer novamente o 1 pago.
As familias que se incorporan á nova proposta, teñen que realizar o 1º pago a través da plataforma pinchando no seguinte enlace: https://viajesdegrupos.bthetravelbrand.com/pontevedra.
Prazo: 21 de novembro
Clave de acceso; IESROUANDALUCIA2025
Calendario escolar 24-25
Segundo a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:
- Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
- Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
- Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.
Os días non lectivos serán:
- 1. As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos.
- 2. O día 2 de maio por ser o día de libre disposición do centro.
- 3. O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.
Viaxe fin de curso París 2025
Tras o acordado na reunión do 15 de outubro, achegamos a información relativa á viaxe de fin de curso.
Lembramos que o primeiro pago ha de realizarse como moi tarde o venres 18 de outubro para que a viaxe poida seguir adiante.
Proxecto "Sen Vandalismo"
Xunto a outros 9 centros de Galicia, o IES ROU foi seleccionado para participar nun proxecto socio-educativo pioneiro a nivel autonómico, promovido pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), para a prevención do vandalismo entre os máis novos/as.
O obxectivo de Investigadores Sociais #SenVandalismo é sensibilizar e concienciar á xuventude das consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa contorna. O proxecto desenvolverase entre os meses de outubro de 2024 e marzo de 2025. Durante este tempo, o alumnado participante formarase como “Investigadores/as Sociais”, adquirindo un rol de axentes activos na súa comunidade, tendo como axudantes no proceso ás súas familias, docentes e APES.
Este proxecto foi solicitado por Pablo Martínez, coordinador de Convivencia do noso centro.
Achégase máis información detallada do proxecto no seguinte arquivo.
Transporte escolar curso 2024-2025
Podedes consultar os horarios e as paradas de autobús das empresas de transporte escolar correspondentes ao curso 2024-2025, se ben hai que ter en conta:
- É aconsellable estar na parada 10 minutos antes da hora de paso establecida xa que o horario anterior é aproximado
- O servizo de autobús comenzará o día 12 de setembro, se ben a presentación do curso para o alumando terá lugar o día 11 no horario especificado na sección Presentación do curso para o alumnado 2024-2025
Horarios actualizados a 26 de setembro de 2024
Presentación do curso para o alumnado 2024-2025
Dámosvos a benvida ao novo curso 24-25.
Achégase nesta entrada o arquivo co horario das presentacións do alumnado para este curso 2024-2025.
Libros de texto para o curso 2024 - 2025
Velaquí a lista de libros de texto para o curso 2024 - 2025.
Calendario matriculacións
CALENDARIO DE MATRICULACIÓNS:
- 24 E 25 DE XUÑO: 2º DE BACHARELATO (alumnado de 1º de BACHARELATO DO ROU aprobado na convocatoria ordinaria).
- 26 DE XUÑO: 2º DE ESO.
- 27 DE XUÑO: 3º DE ESO.
- 28 DE XUÑO: 4º DE ESO.
- 1-2 DE XULLO: 1º DE ESO (alumnado procedente do centro adscrito CEIP FRIAN).
- 3 DE XULLO: 1º DE BACHARELATO.
- 4-5 DE XULLO: ALUMNADO ADMITIDO PROCEDENTE DE OUTROS CENTROS.
DEBEN RECOLLER OS SOBRES NA CONSERXERÍA DO CENTRO. 3 euros alumnado de 1º e 2º de ESO. 4 euros resto do alumnado. Inclúe seguro escolar.
Horario de secretaría: 09:00 a 13:00
Calendario convocatoria extraordinaria 1º BAC
No arquivo adxunto tedes o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de primeiro de bacharelato.
Boa sorte!
100 % de aprobados nas ABAU
Queremos dar os nosos parabéns tanto ao alumnado como a todo o persoal do centro polo resultado obtido este ano nas ABAU: un 100 % de aprobados. Sen dúbida o froito dun traballo ben feito!