Plan Proxecta
Os nosos deseñadores
Aquí tedes unha mostra dos deseños feitos polo noso alumnado para o programa Recíclate con SOGAMA.
Se queredes ver máis, aquí tedes un par de arquivos
A directora e a reciclaxe
Aquí tedes o vídeo da entrevista que fixeron uns alumnos de segundo de bacharelato a Olga, a directora do noso instituto. Nel poderedes coñecer o seu punto de vista sobre a importancia da reciclaxe, o aproveitamento enerxético e outros interesantes temas.
Entrevista á directora do centro sobre a reciclaxe from matesrou on Vimeo.
Reutiliza con ritmo
No seguinte vídeo tedes unha mostra de instrumentos musicais feitos con materiais reciclados. Debemos ser conscientes de que moitas veces o material de refugallo pode ter múltiples e interesantes aplicacións.
Instrumentos musicais reciclado from matesrou on Vimeo.
Reciclaxe
No seguinte vídeo tedes algún obxectos feitos con material reciclado.
Taller reciclado from matesrou on Vimeo.
Unha visita interesante
O alumnado de bacharelato do noso instituto realizou unha saída organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Nela puderon visitar:
- SOGAMA (Cerceda).
- Museo de Historia Natural (Santiago).
- Observatorio astronómico Ramón María Aller (Santiago).
O seguinte vídeo mostra parte do seu percorrido.
SOGAMA, M Hª Nat, Observ Astronómico (convertido) from matesrou on Vimeo.
Historia da reciclaxe
Queredes saber cando se comezou a reciclar? Será so cousa destes tempos ou é cousa antiga? Para respostar estas e outras preguntas podesde botarlle unha ollada ao eixe cronolóxico feito polo alumnado de 4º da ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía.
Muros virtuais
Aquí tedes un de exemplo de muro virtual feito polo alumnado da Sección Bilingüe de 2º ESO como unha das actividades da nosa participación no proxecto Recíclate con SOGAMA.