Que é unha sección bilingüe
Información xeral
Unha sección bilingüe é a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa nun nivel por un grupo de alumnos ou alumnas dun xeito bilingüe: na lingua cooficial que corresponda (castelán ou galego) e nunha lingua estranxeira (no noso caso o inglés).
No noso centro temos seccións bilingües en todos os cursos da ESO:
- No primeiro curso nas materias de Educación Física e Xeografía e Historia.
- No segundo curso nas materias de Educación Física, Xeografía e Historia, Física e Química e Tecnoloxía.
- No terceiro curso nas materias de Educación Física, Xeografía e Historia e Tecnoloxía.
- No cuarto curso nas materias de Educación Física, Xeografía e Historia e Tecnoloxía.
Se queredes saber como se traballa nas Seccións Bilingües podedes botarlle unha ollada ao apartado: "feito polas Seccións Bilingües".