Iniciar sesión

Secretaría virtual

Información Pass Vigo Estudante

Aquí tedes un resumo da información que nos remitiu Vitrasa respecto á Pass Vigo Estudante.

Dende Vitrasa gustaríanos compartir información de interese para o alumnado do voso centro, relativa ó acceso ó transporte urbano de Vigo.

Neste periodo de volta ó cole, recordamos que a forma máis segura e cómoda de viaxar en autobús é empregando a tarxeta PassVigo, evitando na medida do posible o pago en efectivo.

Como solicitar ou renovar a tarxeta PassVigo?

  • A tarxeta pódese solicitar ou renovar online en calquera momento en passvigo.vigo.org, sen necesidade de acudir presencialmente a unha oficina. Aconsellamos encarecidamente esta modalidade de solicitude xa que é a máis rápida, sinxela e segura.
  • A tarxeta PassVigo Estudante a poden solicitar todos os estudantes de calquera centro de ensinanza de Infantil, Secundaria, F.P. ou Bacharelato de Vigo, tendo una tarifa bonificada polo Concello de Vigo e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de 0,60 €/viaxe.

Neste vídeo tutorial podedes ver paso a paso cómo solicitar a tarxeta PassVigo desde casa. Se o usuario da tarxeta é menor de idade, tamén serán precisos os datos do pai, nai ou representante legal do menor: http://www.vitrasa.es/FotosFichas/grandes/Tutorial-PassVigo-online.mp4

Recordamos que tedes toda a información sobre a tarxeta PassVigo en www.passvigo.vigo.org e un apartado de preguntas frecuentes https://passvigo.vigo.org/9-preguntas-frecuentes

Estamos a vosa disposición para dúbidas ou consultas sobre PassVigo en passvigo@vigo.org e no teléfono 986 919 299.

Recordamos que para consultar todos os horarios e percorridos das liñas, podedes empregar a web de Vitrasa ou en Vigo App.

Para seguir toda a actualidade relacionada con Vitrasa, recomendamos seguirnos en Facebook, Twitter e Instagram.

Ademais, recordamos que no transporte público a máscara continúa a ser obrigatoria.