Percorrendo unha etapa da Historia
O pasado 4 de abril os tres grupos de 2º ESO percorreron un anaco dunha das etapas do Camiño Portugués a Santiago de Compostela da man do Departamento de Xeografía e Historia e acompañados por Olegario e Juan Guirado. O gallo de tal andaina era visitar a cidade medieval de Tui, seguir os sinais dos peregrinos, camiñar polas súas ruas estreitas e empedradas buscando a entrada agochada do "Pasadizo de Dona Urraca", raíña ben coñecida como "A Temeraria" filla e sucesora de de Alfonso VI e medio irmá de Tareixa de Portugal que viviu nestas terras polo século XI. Para iso seguimos un xogo de pistas que nos fixo remover cada recuncho do casco vello, entrar e saír das murallas, pescudar nas esculturas románicas e góticas que decoran á catedral, preguntar á veciñanza pola toponimia, descubrir as pegadas da comunidade xudea na vila, etc... O que veñen sendo aprendizaxes significativas. A choiva foi prudente e non apareceu, xantamos na ribeira do Miño e regresamos ao ROU con algo máis que os táper baleiros na mochila, ou eso esperamos....Parabéns á rapazada polo seu comportamento.