Iniciar sesión

Secretaría virtual

Visita mundo empresa e economía alumnado 1º ESO C

22/03/2022. Visita do alumnado de 1ESO C ao círculo de emprendedores de Galicia e á Terminal de Carga de contenedores do Porto de Vigo

A primeira parada da xornada foi no Círculo de empresarios de Galicia na rúa García Barbón de Vigo, onde recibiron unha charla do emprendedor vigués Manuel Montes, CEO da iniciativa emprendedora Handy Gym que revolucionou o mundo do fitness desenvolvendo unha proposta de ximnasio portatil a partir da necesidade de mellorar a calidade de entrenamento das persoas que, como Manuel, conviven co Parkinson. Trátase dunha tecnoloxía usada pola NASA para manter o tono muscular dos astronautas en ambientes sen gravidade e tamén polos mais nomeados deportistas de élite do mundo.

A sesión resultou motivadora, inspiradora e moi útil. Serviu de punto de partida para unha interesantísima reflexión que fixemos ao chegar ao IES sobre as capacidades, a de soñar, a de crear, a de arriscar e a de aportar, en definitiva , de "atreverse a emprender". Reiteramos o noso agradecemento e felicitación á Manuel Montes por achegarnos a súa experiencia. Coñece mais en:

Como remate, a visita a Termavi , guiada por un excelente comunicador, Antonio Seoane, non deixou indiferente a ningún dos mozos e mozas do grupo que abriron os ollos a una anaco de cidade gañada ao mar que, malia a ter frente aos ollos a cotío, descoñecían absolutamente. A charla de loxística portuaria, chea de  aspectos técnicos, foi elegantemente adaptada ao seu nivel de comprensión o que resultou imprescindible para mantelos conectados en todo momento.

EXCELENTE PROGRAMA!!
Mercedes Martín (Titora de 1 ESO C)