Iniciar sesión

Secretaría virtual

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación Universidade ven de sacar unha orde (DOG do 12 de novembro) na que se regula a distribución de máscaras por parte do centro entre o alumnado da ESO.

Non ten que presentar solicitude: o alumnado que tivo dereito a axuda este curso para a adquisición de material escolar. Neste caso as máscaras distribuiranse por parte do centro. Xa se vos informará do procedemento co que se levará a cabo.

Ten que presentar solicitude: o alumnado que pertenza a unha familia cuxa renda per cápita sexa igual ou inferior a 6000€ ou estea suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia. A solicitude deberán facela no instituto os pais, nais, titores ou representantes legais e deberedes:

  • Cubrir o anexo I, que podedes atopar no noso centro ou no arquivo adxunto.
  • Presentar o anexo II, que podedes atopar no noso centro ou no arquivo adxunto.
  • Presentar copia do libro de familia onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Nos casos nos que non se poda presentar esta documentación deberá aterse ao que se indica no DOGA adxunto. Para máis información podedes consultar o DOGA anexo.
  • Ter en conta que o prazo de presentación de solicitudes remata o venres día 26 de novembro.
AdxuntoTamaño
DOG cos anexos.pdf747.25 KB