Solving an archaelogical mystery!
O alumnado dos cursos 1 ESO A e C bilingüe veñen de realizar na materia de "Geography & History" un obradoiro sobre a cultura megalítica da prehistoria e os procedementos das excavacións arqueolóxicas.
Durante unhas sesións cambiamos o "estuche e a libreta" polas ferramentas de traballo: estacas, pas e cordas de balizamento axudáronnos a avanzar polos diferentes estratos nunhas excavacións que nos levaron a descubrir tesouros agochados en enterramentos neolíticos e da Idade dos metais. Atopamos ferramentas de traballo como fouces, eixadas e machetes; utensilios de almacenamento como vasixas de arxila, copas e xerras; armas de toda índole coma arcos, lanzas, espadas, escudos e mesmo enxoivais en ouro e prata que incluían estatuillas votivas. Todo un repertorio alentado pola imaxinación e adicación do noso alumnado. Bravo por eles e polo traballo ben feito e grazas a Jamie, a nosa acompañante nesta viaxe, por ternos ilustrado previamente sobre os misterios do Cromlech de Stonehenge, fonte de inspiración para este traballo.
Profesorado e alumnado: pasádea a visitala no corredor da pranta baixa frente ao Salón de Actos!