Fotos dun cometa
Aquí tedes unhas fotos do cometa C/2020 Neowise feitas polo profe do noso instituto Javier López Bermúdez
Por se precisades máis información:
- Foi descuberto este mesmo ano, en marzo.
- Non voltará pasar ata dentro de 6 800 anos.
- Estivo a 103 millóns de quilómetros (a distancia Sol-Terra é duns 150 millóns).
- Pode verse ao noroeste, unha hora despois do solpor (sobre as 00 horas), agora por baixo da Osa Maior.
- Co paso dos días (o resto do mes de xullo) irá subindo pola esquerda da constelación.