Iniciar sesión

Secretaría virtual

Poñéndose na pel de outro

O luns 3 de febreiro, parte do alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de aprender, da man da arquitecta Belén Vaz Luis, non só a importancia da relación entre a arquitectura e as diferentes barreiras que topamos na nosa vida, senón de experimentar como estas supoñen unha dificultade cotiá para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade física ou sensorial, sendo conscientes da importancia de que arquitectos, institucións e administración fagan o posible por eliminar esas barreiras.