Iniciar sesión

Secretaría virtual

Recibimento alumnado Uckfield College

Alumnado do noso centro recibiu o pasado venres en Peinador ao grupo de alumnos e profesoras do Uckfield College, de Gran Bretaña. Durante unha semana os alumnos británicos serán aloxados polas familias dos nosos rapaces, dentro do intercambio organizado polo Departamento de Inglés do noso centro.

Durante o sábado, desafiando a chuvia e acompañados polos seus compañeiros de 3º ESO e 1º Bacharelato, visitaron lugares emblemáticos da cidade, como Castrelos ou Samil. O domingo, días coas familias, algúns aproveitaron para achegarse a Portugal.

O luns comezan as actividades no centro, así coma outras visitas de interese, como Santiago ou A Coruña.