Alumnado de francés no Fiestinema Junior
Os días 13 e 14 de novembro o alumnado de francés de 3,4º da ESO e 1º de BACH asistiu ao Fiestinema Junior no Auditorio municipal de Vigo. Trátase dunha iniciativa da rede de Alianzas Francesas de Estados Unidos creada co apoio do Centre national du cinéma et de l'image animée. O evento acolleu a súa sexta edición e por primeira vez este ano, 9 Alianzas Francesas de toda España levaron este proxecto para brindar o mellor cine francófono ao público xóven co apoio da Embaixada de Francia e do Institut français de España. O alumnado de 3º e 4º visionou Comme un lion de Samuel Collardey e o de 1º de Bach Swagger de Olivier Babinet, dúas películas fantásticas.