Xosé Luís Méndez Ferrín no ROU
Hoxe tivo lugar a primeira das conferencias do ciclo "As mulleres de Vigo durante a Restauración e a II República". O ponente foi Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e político, gran coñecedor da historia de Vigo e de Galiza e que nos falou sobre a sociedade de Vigo neste período.
Aproveitamos para agradecerlle a súa presenza no noso centro.
No seguinte vídeo tedes unha escolma do que foi este acto.
Xosé Luís Méndez Ferrín from matesrou on Vimeo.