Iniciar sesión

Secretaría virtual

Anuncios

Calendario exames 2º BAC

No arquivo adxunto tedes o calendario de exames de xuño. Moita sorte!!

Fondo solidario libros de texto

Están convocadas axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.

Para máis información facede clic no seguinte enlace.

Datas importantes 2º BAC convocatoria extraordinaria

No arquivo adxunto tedes información relacionada con datas importantes para segundo de bacharelato. Se precisades clarexar calquera dúbida podedes poñervos en contacto co instituto (ies.republica.uruguai@edu.xunta.gal).

Reclamacións cualificacións 2º BAC convocatoria extraordinaria

Na seguinte táboa tedes un reumo dos pasos a seguir (a normativa completa corresponde á Orde de 2 de marzo de 2021, DOG do 11 de marzo de 2021):

Proceso A quen se dirixe Datas e horas
Solicitude de aclaracións Persoalmente ao profesorado da materia 23 de xuño (de 11:15 h a 12:00 h)
Revisión no centro Se persiste desacordo. Entrégase impreso en secretaría dirixido á dirección do centro. O presenta o alumnado maior de idade ou os pais se alumnado menor de idade. 24 e 25 de xuño (de 9 a 14 h)
Reclamación ante a Xefatura Territorial Se persiste desacordo.Entrégase impreso en secretaría dirixido á dirección do centro. O presenta o alumnado maior de idade ou os pais se alumnado menor de idade.  29 e 30 de xuño (de 9 a 14 h)

Nos arquivos adxuntos tedes os modelos dos impresos correspondentes.

Cribado para adolescentes nas farmacias

O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra ven de presentar unha iniciativa que consiste en facer un cribado entre os adolescentes (de 12 a 17 anos) a través das farmacias.

Xúntase documento no que tedes toda a información correspondente.

 

Exames materias pendentes 1º BAC

No arquivo adxunto tedes o calendario de exames de materias pendentes de 1º BAC.

Moita sorte!

Ánimo!

Dentro duns días comezará o segundo trimestre e cremos que, antes de nada, é de xustiza agradecer a todo o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente o esforzo feito estes tres meses pasados para adaptarnos a unha situación que non é doada para ninguén. Grazas a esta actitude por parte de todos estamos a conseguir que o centro permaneza aberto sen incidencias significativas.

É hora de afrontar esta segunda parte do curso e, dirixíndonos especialmente ao alumnado, pedirvos que sigades mantendo e, de ser posible mellorando, esta actitude de responsabilidade. Indicarvos tamén que sigades loitando por sacar o curso adiante. Aos que vos foi mal non vos desanimedes, aínda queda tempo para darlle a volta á situación (hai seis semanas o Celta estaba último na Liga e xa vedes onde estamos agora). E aos que a cousa lles foi ben, xa sabedes, seguide así.

Por último comentarvos que, se aínda non tedes claro que pedirlle aos Reis Magos, toda a roupa de abrigo que poidades ter vai vir de marabilla, xa sabedes que combater o virus conleva sacrificios térmicos.

Moito ánimo, que isto vai para adiante.

Cita previa Semana Santa

Para solicitar cita previa, por favor, chamen ao teléfono 886 120490 ou envíen un correo electrónico a ies.republica.uruguai@edu.xunta.es

Horario día 22

Xa pasou primeiro trimestre. Indicarvos que o horario de saída e, polo tanto, o final da última hora de clase, será ás 14 h para a ESO, ás 14:05 para primeiro de bacharelato e ás 14:10 para segundo de bacharelato.

Que pasedes un Bo Nadal!!

Relación provisional solicitudes máscaras

No tabloleiro de anuncios situado no interior do instituto tedes a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas en relación á distribución de máscaras.

O prazo de reclamacións é de dous días hábiles seguintes ao da súa publicación, é dicir, podedes facelo no instituto ata o mércores día 2.

Distribuir contido