Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Visita a Faro de Vigo

O mércores 29 de maio, o alumnado do Club de lectura de 1ºBACHARELATO e 4º ESO coas súas profesoras Silvia Costas e Carmen Ferreiro visitaron ás instalacións do Faro de Vigo, o xornal da nosa cidade e decano da prensa nacional onde puideron comprobar como se organiza a publicación deste xornal.

 
 

Visita á biblioteca Neira Vilas

O alumnado do Club de lectura de 1º ESO e o Club de lectura fácil de 1º Y 2º DE ESO visitaron á Biblioteca Neira Vilas coa profesora Andrea Doural e a cordinadora do Club de lectura Carmen Ferreiro o xoves 30 de maio. Viron como funciona unha biblioteca dende dentro, como se ordenan os libros e como se poden localizar e asistiron a unha charla sobre viaxes, algunhas reais outras imaxinarias. Alí ensináronlle diferentes tipos de Atlas, faláronlle de Xulio Verne e as súas viaxes extraordinarias, de lugares míticos como Oz, o País das Maravillas, A Comarca ou Marnia e tamén puideron facer a súa propia viaxe nun divertido xogo.

 

 

 

Visita ao teatro

O Club de lectura de 1º ESO e o Club de lectura fácil DE 1º Y 2º DE ESO asistiron ao teatro Salesianos para ver a obra UN MILLÓN DE LIKES que trata das redes sociais e de como estas transforman a nosa forma de relacionarnos e comunicarnos. Estiveron acompañados pola profesora Andrea Doural e a cordinadora do Club de Lectura Carmen Ferreiro. A experiencia gustoulles moito e para algúns foi a súa primeira incursión teatral! 

Concurso de viñetas sobre Drácula

Xa coñecemos as gañadoras do concurso de viñetas sobre Drácula no que participou o alumnado do Club de LECTURA FÁCIL DE 1º E 2º DE ESO. As gañadoras foron:

  • 1 PREMIO: AHIRIANA JULIETA MOLINA DE 2º ESO B.
  • 2º PREMIO: ASHLEY MELISA TRIGUEROS DE 1 ESO B.
 

Le malade imaginaire

Alumnado de 4º ESO do noso centro asistiu á representación da obra "Le malade imaginaire", de Molière, na que viñan traballando previamente no Club de Lectura de Francés. Como podedes ver nas fotos, parece que disfrutaron da representación.

                      

Premio aos clubs de lectura

Os clubs de lectura do noso centro acaban de ser premiados por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 1210 €. Debemos sinalar a importante labor que leva a cabo o noso instituto no fomento dunha actividade tan importante como é a lectura.

 

Conmemoración do día do libro

Para conmemorar o día do Libro, o alumnado de 3º de ESO e varios Clubs de lectura asistiron a un fermosísimo obradoiro da historia da escritura. Viaxaron no tempo seguindo as pistas das expresións, dende as paredes das covas paleolíticas ata a imprenta de Gutenberg, pasando pola escritura en taboíñas de barro sumerias, papiro, pergamino, manuscritos iluminados e códices.

Visita ao Faro de Vigo

Hoxe, todos os Clubs de Lectura fomos visitar as instalacións do Faro de Vigo para ver de preto como se fai un xornal. Pasamos un rato moi agradable e enriba recibimos agasallos! Grazas a Julia pola visita.

A escritora Elena Gallego Abad estivo no noso centro

Hoxe tivemos a gran sorte de que Elena Gallego Abad visitase o noso centro.

Grazas aos Clubs de 1º e 2º de ESO pola vosa presenza, polo voso entusiasmo, postres e debuxos. Grazas a Belén, presidenta da ANPA, pola axuda na organización da actividade e a Esther, coordinadora dos Clubs de Lectura do CPI da Cañiza, polo préstamo de exemplares. A Adela e Concha.

 E por suposto, mil grazas a Elena por vir!

 

 

Distribuir contido