Clubs de Lectura
Integración
Coa colaboración do alumado do club de lectura ROULEMOS, inuguramos na Ágora do centro o punto de encontro e de integración. Unha instalación visible, no centro neurálxico do noso edificio onde toda a comunidade educativa expresa o seu rechazo a calquera tipo de discriminación e expón os valores en positivo que pretendemos conseguir para os nosos adolescentes, fillos e alumnos galegos do século XXI. A mensaxe é clara:
LIBÉRATE
GÚSTATE
TOLERA
BICA
IMAXINA
QUÉRETE
+ PENSA EN POSITIVO
O club de lectura e as meigas
O Club de Lectura despídese deste curso cunha sesión moi especial
O pasado luns, 6 de xuño, o Club de Lectura tivo a súa derradeira sesión deste ano académico. A lectura que comentamos neste remate de curso foi El secreto de las brujas: La herencia. Foi unha cita moi especial porque contamos, nesta ocasión, coas autoras da novela: Nesa Costas, Antía Eiras e Andrea López. Cada unha delas conta con moitos libros publicados. Estas tres grandes escritoras galegas contáronnos como foi o proceso de escribir unha novela a tres voces e a seis mans. Pasamos realmente unha velada moi amena e agradable, mágoa que ás 16.20 horas, o son do timbre, devolveunos á crúa realidade e tivemos que dicirlles un ata logo a Nesa, Antía e Andrea e, por suposto, tamén ao Roulemos do 2021-2022.
O Club de Lectura en Santiago
Desde o Club de Lectura organizamos unha viaxe a Santiago de Compostela para confirmar a nosa intuición: hai cousas que non veñen nos libros como, por exemplo, o recendo doutros mundos, nunca sospeitados, que atopamos nos libros antigos.De camiño a Santiago, como peregrinos lectores, visitamos a Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia. Esta visita permitiunos coñecer un pouco máis ao noso premio Nobel de Literatura, a súa persoa, totalmente descuberta, sen a máscara dos personaxes da traxicomedia grega.Despois de saber un pouco máis do autor de A familia de Pascual Duarte e antes de chegar a Compostela, fixemos un alto no camiño na Cidad e da Cultura para coñecer a Biblioteca de Galicia. Foi unha visita moi enriquecedora, pois o noso faro particular, Fernando, levounos por mapas sen rúas, por historias ilustradas e guerras fotografadas. Na Biblioteca de Galicia aproveitamos para ver a exposición de Reimundo Patiño, a quen se lle dedicou este ano o Día da Ilustración.
Rematamos esta viaxe, xa na cidade universitaria, coa visita das dúas bibliotecas máis fermosas de Galicia: A Biblioteca América do Pazo de Fonseca e a Biblioteca Lago da Facultade de Xeografía e Historia. Entrar nestas bibliotecas foi como un auténtico viaxe no tempo.
Xuntamos esta pequena fotomontaxe e, se facedes clic enriba dela, levarádevos a un interesante vídeo sobre a experiencia.
Concurso disfraces
Aquí tedes o cartel do concurso de disfraces que organiza o club de lectura do noso centro.
Animádevos a participar!
Le Petit Prince atterrit au ROU
Este curso 2020/21, o alumnado do Club de lectura de francés, coordinado por Henar Pascual Malvar, leu Le Petit Prince de Antoine de Saint- Exupéry e visionou a adaptación cinematográfica de Mark Osborne. Posteriormente, elaboraron o seguinte audiolibro no que quedan reflectidas as súas impresións acerca deste clásico da literatura universal. Á súa vez, guiados por Pablo Martínez Rodríguez, os seus compañeiros de Plástica realizaron unhas fermosas maquetas para expoñer no centro.
Club de lectura 1º BAC
O alumnado do Club de lectura de 1º BACHARELATO, acompañados pola coordinadora dos Clubs de lectura, Carmen Ferreiro, asistiu á representación de DON JUAN TENORIO, un clásico universal.
A sesión foi o martes, 28 de febreiro no teatro Salesianos de Vigo. Gustounos e disfrutámolo moito e iso que non sabiamos que sería a nosa última sesión cultural por moitos meses!
Visita á Biblioteca Neira Vilas
O venres 20 de decembro, o alumnado dos Clubs de lectura de 1º e 2º ESO visitaron á Biblioteca Neira Vilas coa profesora Mª Jesús Fernándezl e a cordinadora dos Clubs de lectura Carmen Ferreiro. Puideron comprobar como funciona unha biblioteca por dentro e como se organiza. A continuación asistiron a unha interesante e amena charla sobre literatura e deportes e para rematar a sesión participaron nun divertido xogo de preguntas e respostas sobre o que aprenderan. Pasámolo moi ben!
Xa temos Instagram
Seguindo coa nosa idea de estar presente nas redes sociais, temos creado unha conta en Instagram. Trátase dunha páxina cultural para publicar as novedades da biblioteca do centro e dos clubes de lectura.
Animamos a toda a comunidade educativa para que participe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »