Bioloxía-Xeoloxía
Canta potencia ten o teu cerebro?
O alumnado de 3º da ESO do noso centro asistiu o pasado 15 de outubro á actividade, organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e patrocinada pola Fundación Barrié, denominada O cerebro: 15 W de potencia.
Aquí tedes un resumo en imaxes.
Charla sobre el cerebro from matesrou on Vimeo.
Exposición sobre Biodiversidade en Galicia
Desde o 10 ao 30 de abril teremos no noso centro unha exposición sobre Biodiversidade en Galicia. Está cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), da Universidade da Coruña e sito no Castelo de Santa Cruz en Oleiros.
A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que podes atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparás as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén poderás coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.
A eclipse non nos eclipsou
Se queredes ver algunhas fotos do eclipse, as tedes no seguinte vídeo realizado polo profesor Javier López. Que as disfrutedes!
El eclipse en 10 imágenes (convertido) from matesrou on Vimeo.
Historia da reciclaxe
Queredes saber cando se comezou a reciclar? Será so cousa destes tempos ou é cousa antiga? Para respostar estas e outras preguntas podesde botarlle unha ollada ao eixe cronolóxico feito polo alumnado de 4º da ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía.
Galicia conservando a natureza
Dende o 27 de outubro ata o 17 de novembro e organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía estivo no noso instituto a exposición "Galicia conservando a natureza". Estaba cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), da Universidade da Coruña e sito no castelo de Santa Cruz en Oleiros.
Membros do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Pablo Blanco Lobato
Rubén Borrajo Santos
Sandra Parada Nogueiras
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4