Actividades
A orquestra 430 de novo no noso centro
Continuando cos concertos iniciados no pasado curso, a Orquestra Sinfónica 430 volta ao noso instituto baixo a dirección de Isabel Rubio e con Antonio Queija ao piano.
Engadimos uns carteis que fan referencia á programación dos concertos desta afamada orquestra.
Colleita
Coa fin do curso chegou o momento de recoller, tamén, os froitos do traballo na horta. Aquí tendes parte da recolleita do alumnado de 1º de ESO:
Mellorando as competencias básicas
Neste curso, dentro do Contrato Programa de "Mellora das competencias básicas", o alumnado de todolos cursos do centro, guiado polo profesorado de diversas áreas (xeografía e historia, matemáticas, galego, inglés, economía, plástica, bioloxía e xeoloxía e educación física) contruiu unha biblioteca audiovisual traballando distintos contidos básicos das materias .
A continuación deixamos o enlace a:
Moitas grazas a todos os participantes.
Celebrando o día do libro
O noso instituto decidiu animar a que profes e alumnos presentasen unha frase que motivase á lectura. Aqueles que o fixeron recibiron unha flor un tanto especial. Como tantas veces, Pablo, o profe de debuxo, foi o promotor da iniciativa.
Esta é un recoñecemento a todas aquelas persoas que consideran que os libros son algo importante nas súas vidas.
Facede clic na imaxe.
Día do libro
Este curso contamos con catro escritores entre o profesorado do centro (Carlos Lixó, Xabier Xil, Anxo Raxó e Pablo Martínez). Nas seguintes fotos tedes a profes e alumnos lendo algunha das súas obras nun dos recunchos do noso instituto que animan a gozar tranquilamente da lectura, así como os autores coas súas correspondentes obras.
Exposición dos proyectos STEM
Tres grupos de alumnos do noso centro expuxeron brilantemente os seus traballos de STEM. Fixérono na Escola Supeior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo e na Facultade de mediciña da Universidade de Santiago.
- Violet Álvarez Rojo e Catuxa Carrera Ferreirós presentaron a Estimación de limiares de normalidade para o test MMSE e validación para o diagnóstico de Alzheimer nunha mostra de pacientes de referencia.
- Paula Fernández Rodríguez e Antonio Otero Corral expuxeron a Obtención da concentración de unha disolución mediante unha aplicación de móbil.
- Xabier Ferreiro Santamaría e Sabela González Alcántara defenderon o Estudo da actividade Enzimática da invertase inmovilizada en esferas de alxinato de calcio.
O noso recoñecemento a estes alumnos, así como os titores: María Asunción Longo González, do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, Estrella Álvarez da Costa, do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, Pablo Aguiar Fernández do Centro Singular de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela e José Luis López López, Rubén Borrajo Santos e María Méndez Pérez do noso instituto.
Agradecemos tamén aos membros dos distintos tribunais que xulgaron estes proxectos e que lles otorgaron unhas excelentes cualificacións.
Charla do investigador Carlos Spuch
O martes 15 de decembro tivemos dous Charlas do investigador e biólogo Carlos Spuch (ao que lle agradecemos enormemente a súa presenza) sobre a prevención e protección ante a Pandemia do COVID-19. Aquí tedes unhas imaxes da interesante e instructiva conferencia dirixida aos alumnos de 1º e 2º bacharelato.
O ROU contra a violencia de xénero
Como todos os anos o noso centro participa nas actividades contra a Violencia de xénero (25 de Novembro) propostas polo concello de Vigo en Enlaza Vigo.
Participaron os alumnos de Filosofía de 4º na elaboración dun vídeo e alumnos de 4ªA de Valores éticos e Relixión na exposición de carteis con lemas.
Este curso o eixo principal foi a escala da violencia, os diferentes chanzos que aparecen habitualmente.
Aquí tedes os enlaces onde podedes acceder a estas actividades:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »