Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Club de lectura "Roulemos"

Empezaremos o terceiro trimestre cunha reunión do Club Roulemos de 3º e 4º ESO moi especial, xa que falaremos de Noite de voraces sombras, unha novela que axunta historia, amor e misterio. Ademais, esta lectura dará pé á excursión do próximo 24 de abril á Illa de San Simón. Aproveitade o parón das vacacións para ler. Esperámosvos o 8 de abril na bilbioteca ás 15h!

Club de lectura "Roulemos"

Hoxe estabamos ata nerviosos por recibir a Defreds no centro, contar cun autor do seu recoñecemento actual é toda unha sorte. Levabamos todo o mes lendo os seus libros, comentando os seus "pensamentos" e poder charlar con el foi unha gran oportunidade. Creo que todos quedamos encantados coa visita e esperamos poder telo de novo connosco non dentro de moito.

Club de lectura bacharelato

Despois da lectura individual da obra, xuntámonos para comer e comentala. Primeiro falamos como se xestou a obra en Vila Diodati, falamos de Mary Shelley e, para ambientarnos, vimos fragmentos da película sobre a súa vida, dirixida en 2017 pola directora Haifaa Al-Mansour e que destaca o difícil que o tivo a autora para publicar a súa primeira novela por ser muller. Isto levounos a reflexionar sobre as dificultades das autoras nun mundo dominado e contado polos homes e buscamos outros exemplos. Finalmente, fixemos un debate sobre a condición de vítima ou verdugo da criatura e comprobamos que as cousas non son tan claras como poderíamos pensar a priori. Falamos da liberdade, da dificultade de ser muller, da soidade...

Club de lectura "Roulemos"

A semana pasada recibimos na biblioteca a Fernando Lalana, un dos grandes autores de novela xuvenil da literatura española. Foi un encontro moi interesante onde os integrantes do club aproveitaron para facer as preguntas que xa tiñamos preparados da reunión anterior e puideron así poñer resposta a todas as súas dúbidas.

Club de lectura "Roulemos"

Defreds é un da nova xeración de escritores que se valeron das redes sociais para chegar ao seu público e que cos seus escritos capturou aos máis novos. Como o imos a recibir o próximo 18 de marzo, o club de lectura Roulemos de 3º, 4º e 1º Bach imos reunir para ler os seus poemas e poñer en común todo o que nos transmite. Se che gusta e queres partillar con nós os teus pensamentos, esperámosvos o lúns 11 de marzo ás 15h na biblioteca.

Club de lectura "Roulemos"

Onte vivimos un encontro moi bonito co club de lectura de 1º e 2º do IES Rosais 2. Ao principio, como é normal, os participantes estaban tímidos pero aos poucos fóronse soltando a través da poesía. Estivemos tan a gusto que se nos esqueceu facer foto de grupo, pero como imos ir xuntos de excursión o próximo mes de abril, xa teremos ocasión de facernos unha foto. Grazas a Alejandra, la profesora del club de lectura do Rosais, por responder á nosa invitación e facer posible este encontro.

Deste encontro saíron as flores e os poemas que adornaron o noso espazo de Biblioteca do Ágora. Fixemos un pequeno taller de papiroflexia, algúns inventaron os seus propios poemas e outros decidiron pasar a computador os que máis lles gustaban para poder expoñelos.

Club de banda deseñada

Onte no club de banda deseñada disfrutamos da proxección de dous capítulos da serie de animación Love, death & robots.

Club de lectura "Roulemos"

Vimos anunciar que o próximo 4 de marzo realizaremos o primeiro encontro co Club de lectura de IES Rosais 2. Neste caso xuntarémonos os clubs de 1º e 2º e, dado que o 21 de marzo é o día da poesía, decidimos dedicar esta reunión para ler poemas xuntos. Así que se vos apetece xuntarvos cos nosos veciños de á beira, escolle un poema que che guste e úneche ao club o 4 de marzo na biblioteca ás 15h.

Distribuir contido