Anuncios
Medidas seguridade e hixiene exames
Como sabedes, é moi importante manter certas medidas de prevención para que diminuir a propagación da Covid-19. Poden ser incómodas pero son necesarias na loita contra este virus. Así pois indicámosvos ditas medidas:
- O uso da máscara é obrigatorio en todo o recinto escolar.
- Ao chegar ao centro deberedes utilizar o xel hidroalcohólico, así como cada vez que entredes nun aula para facer o exame.
- Seguide o sentido de circulación que indican os sinais.
- Se cando cheguedes a aula do exame está xente dentro ou non está o profesor, esperade en ringleira de a un mantendo a distancia de seguridade.
- Cando entredes na aula o profe botará no voso posto unha solución viricida e vos o limparedes con panos desbotables.
- Nos aseos respectade o aforo máximo que está indicado, lavando as mans antes e despois de entrar.
- Procurade manter unha distancia interpersoal mínima de 1,5 m e evitade a formación de grupos.
- Cando rematedes un exame, se non tedes máis ese día non vos quededes no centro.
- Se tedes algún exame máis esperade nos patios exteriores gardando sempre o indicado anteriormente.
- Non compartades material con outros compañeiros.
Premios extraordinarios ESO
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico.
Poderá participar o alumnado que cursase durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estivese proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e teña obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Cada premio estará dotado con 750 €.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 27 de xullo e o 21 de agosto de 2020.
Tedes máis información no seguinte enlace.
Premios extraordinarios bacharelato
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2019/2020.
Poderán acadar estes galardóns, dotados cada un deles con 1.000 euros, un total de 20 alumnas e alumnos. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.
O obxectivo é recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estas ensinanzas.
Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que teña rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso; e que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
Se precisades máis información podedes facer clic na seguinte ligazón.
Animádevos a participar.
Calendario exames setembro 2020
Nos arquivos adxuntos tedes o calendario de exames de setembro. Nun deles aparece por cursos e horas e no outro indícavos tamén a aula onde se farán. Aproveitade o verán para estudar duro e xa veredes como conseguides aprobalos todos. Moito ánimo.
Información ABAU
Moi boas, rapaces. Os tempos son chegados, polo que aquí recordámosvos algunhas informacións útiles sobre as ABAU:
Respecto aos buses, indicarvos que estades numerados por orde alfabética para o acceso ás ABAU e entraredes nos autobuses seguindo esta numeración. Recordade que o horario de saída é as 07:45 ambos os dous días desde o instituto e que so haberá autobús de ida.
Por favor, sede puntuais porque non se pode esperar por ninguén.
Moitísima sorte.
Buses ABAU
HORARIO DE BUSES PARA ASISTIR ÁS PROBAS ABAU
Día 7 de xullo
- Saída: IES ROU
- Horario: 07:45
Día 8 de xullo
- Saída: IES ROU
- Horario: 07:45
Recollida libros de texto
No arquivo adxunto tedes o horario e algunhas indicacións para a recollida dos libros de texto.
Fotos orla 2º bacharelato
Estimados pais e alumnos:
Os próximos días 27 e 28 de maio imos facer a orla de 2º de bacharelato. Para iso necesitamos que o alumno/a cumpra as seguintes normas:
- Deberá vir no horario marcado para cada alumno, nin antes nin despois
- Deberá traer mascarilla e só quitala no momento de ser fotografado
- Deberá lavarse as mans ao chegar
- Gardará obligatoriamente a distancia de 2 metros (marcada no chan)
- Traerá unha camisa branca
- Ao terminar irase do centro, non se quedará charlando en grupo cos compañeiros
O alumno que incumpla as normas non será fotografado para a orla.
O horario para cada alumno indícase no arquivo adxunto.
Novo escenario para o salón de actos
Mirade que chulo quedou o novo escenario do salón de actos. A reforma, feita polo Grupo Arlequín, parece que está a invitarnos a que nos subamos enriba.
Acougade, que o vindeiro curso xa poredes facelo.
Protocolo incorporación alumnado 2º bacharelato
Indícase o protocolo que deberá seguir o alumnado de segundo de bacharelato que acceda ao instituto a partires da semana do 25 de maio:
- O alumno deberá chegar ao centro con mascarilla e tela posta en todo momento. Non se permitirá o acceso ao centro sen mascarilla
- Non saudará con bicos, estreitando as mans ou con abrazos
- Manterá unha distancia de seguridade de 2 metros
- Seguirá a señalización marcada no chan e as paredes
- Lavarase as mans ao chegar con auga e xabón nos servizos do centro.
- Non se concentrarán grupos superiores a 5 alumnos e, en todo momento, gardaranse os dous metros de distancia
- Lavará as mans con auga e xabón antes e logo de utilizar o aseo
- As zonas comúns permanecerán pechadas(ágora, biblioteca, patio, etc.). A asistencia ao centro é exclusivamente para recibir as actividades lectivas propostas; unha vez finalizadas as clases, o alumno non permanecerá no Centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »