Iniciar sesión

Secretaría virtual

Novidades ANPA

Xornada tenis de mesa

Bo día familias

Dende o Concello de Vigo xunto coa Fundación Vide ofértannos unha nova iniciativa consistente nunha xornada de tenis de mesa o vindeiro domingo 27 de novembro pola mañá.

Animámosvos a participar e sobre todo ó alumnado que agora no noso centro está a participar na actividade de TENIS DE MESA

Enviámosvos a información e a ficha de autorización a cumplimentar e esperemos poder ter representación de alumnado do noso centro IES ROU en esta actividade

Un saúdo

Ana Pérez

PRESIDENTA ANPA ROU

Aprendendo en familia

Dende a ANPA ROU queren convidarvos a todas as familias ao Ciclo formativo “APRENDENDO EN FAMILIA”.

 

No arquivo adxunto tedes a presentación do ciclo e a primeira actividade do mesmo: I Curso E-Dixgal para nais e pais de primeiro e segundo de ESO.

 

Na seguinte imaxe tedes o cartel desta primeira actividade.

 

Convocatoria asemblea ANPA

No arquivo adxunto tedes a convocatoria da asemblea da ANPA do noso centro que se celebrará o vindeiro xoves 6 de outubro.

Charla "Aprendendo en Familia"

Estimados/as compañeiros/as da ANPA ROU:

Seguindo co Ciclo formativo “APRENDENDO EN FAMILIA” queremos invitarvos a unha terceira actividade dirixida a nais e pais (cartel informativo adxunto).

III. EDUCAR PARA O SÉCULO XXI. COÑECER E VALORAR A DIVERSIDADE SEXOXENÉRICA"

Terá lugar no Salón de Actos do IES o xoves 19 de maio ás 17:00 h (duración estimada 2 horas). A xornada será impartida por Ana Ojea Alonso (titora LGBTIQA+ e profesora de Cultura Audiovisual no IES Politécnico de Vigo. Coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia).

As prazas son limitadas, e a formación gratuíta, e terán preferencia os socios e socias da ANPA. Para poder ter un control do aforo, solicitamos a todos/as interesados/as que fagan a súa inscrición. Podédevos inscribir neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1thxXmV9UTXCOwTX0qddupFUd_muF8GlfVtHa7e_F_n8/viewform?edit ou no formulario que se vincula co código QR do cartel.

ANIMÁDEVOS A DISFRUTAR DESTA CHARLA E ENVIADE AS VOSAS PROPOSTAS PARA PRÓXIMAS ACTIVIDADES POLAS VÍAS DE CONTACTO DA ANPA ESPECIFICANDO “CICLO APRENDENDO EN FAMILIA”.

Vigo, 12 de maio de 2022

Ana Pérez PRESIDENTA ANPA ROU

Ferramentas para xestionar a ansiedade e o estrés

Desde a ANPA do instituto e dentro do ciclo "Aprendendo en familia" preséntase a actividade "Ferramentas para xestionar a ansiedade e o estrés". No documento adxunto tedes unha información máis polo miúdo desta actividade, na que é preciso inscribirse previamente.

Distribuir contido