Libros de texto para o curso 2024 - 2025
Velaquí a lista de libros de texto para o curso 2024 - 2025.
Graduación 2º BAC curso 23/24
Como vos prometimos, aquí tedes o agasallo que vos fai o ROU, realizado por AEROVIDAL. Que o disfrutedes e serva como recordo do voso paso polo instituto.
I Torneo de debate de Vigo
Baixo o tema "debería limitarse o desenvolvemento da intelixencia artificial?" e seguindo as normas do Parlamento Xove, neste I Torneo de debate de Vigo enfrentáronse catro centros: o IES da Guía, o IES Álvaro Cunqueiro, O IES República Oriental do Uruguai e o IES Alexandre Bóveda. Houbo en cada ronda: introducción, refutación, contrarrefutación e conclusión.
O equipo gañador foi o formado por Icía Roca, Hugo Álvarez, Hugo Regueiro e Maya Fernández e o semifinalista foi o formado por Pablo Rodríguez, Eiroa Raimúndez, Antón Álvarez e Adrián Garabatos, alumnos todos do no noso centro.
Foi organizado polos profesores do noso instituto Elena Nieto e Anxo Bea e contou coa asistencia do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de educación, Olga Alonso.
Os nosos parabéns a todos os participantes.
O teu navegador non soporta este vídeo.
Interviewing pilgrims
Durante o mes de Xuño, a sección bilingüe de 1 ESO, coordinado pola profesora de inglés Palmira Calvar, levou a cabo un proxecto no que os alumnos entrevistaban a peregrinos que realizaban o camiño portugües ao seu paso por Teis. Quixemos por en práctica parte do traballado na aula durante o curso. Todos os pasos do proxecto quedaron reflectidos no vídeo que vos mostramos máis abaixo.
Calendario matriculacións
CALENDARIO DE MATRICULACIÓNS:
- 24 E 25 DE XUÑO: 2º DE BACHARELATO (alumnado de 1º de BACHARELATO DO ROU aprobado na convocatoria ordinaria).
- 26 DE XUÑO: 2º DE ESO.
- 27 DE XUÑO: 3º DE ESO.
- 28 DE XUÑO: 4º DE ESO.
- 1-2 DE XULLO: 1º DE ESO (alumnado procedente do centro adscrito CEIP FRIAN).
- 3 DE XULLO: 1º DE BACHARELATO.
- 4-5 DE XULLO: ALUMNADO ADMITIDO PROCEDENTE DE OUTROS CENTROS.
DEBEN RECOLLER OS SOBRES NA CONSERXERÍA DO CENTRO. 3 euros alumnado de 1º e 2º de ESO. 4 euros resto do alumnado. Inclúe seguro escolar.
Horario de secretaría: 09:00 a 13:00
Calendario convocatoria extraordinaria 1º BAC
No arquivo adxunto tedes o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de primeiro de bacharelato.
Boa sorte!
100 % de aprobados nas ABAU
Queremos dar os nosos parabéns tanto ao alumnado como a todo o persoal do centro polo resultado obtido este ano nas ABAU: un 100 % de aprobados. Sen dúbida o froito dun traballo ben feito!
ODS: unha ollada sobre Vigo
Na nosa Ágora podedes atopar a exposición "ODS:unha ollada sobre Vigo" na que alumnas e alumnos de diferentes niveis da ESO e Bacharelato realizaron unha reflexión sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible que traballamos este ano:
- ODS5. Igualdade de xénero.
- ODS6. Auga limpa e saneamento.
- ODS11. Cidades de comunidades sostibles.
- ODS14. Vida submarina.
- ODS15. Vida e ecosistemas terrestres.
As materias de Proxecto Competencial, Expresión Artística e Bioloxía traballaron neste proxecto no que tamén participou a Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo. Grazas a súa colaboración realizamos un coloquio no que debatimos a implicación dos cidadáns e das entidades locais na resolución de problemas tan globais como a emerxencia climática, a igualdade de xénero ou a perda da biodiversidade. A Facultade cedeu 5 paneis sobre os obxectivos tratados este ano confeccionados polos seus alumnos.
Estes últimos días de curso aproveitamos para traballar na Ágora e debatir as propostas e impresións dos alumnos sobre estes aspectos.
Programacións 4º ESO
Nos arquivos adxuntos tedes as programacións de 4º ESO correspondentes ao curso 23/24.
Programacións 3º ESO
Nos arquivos adxuntos tedes as programacións de 3º ESO correspondentes ao curso 23/24.