Skip to Content

Xornada de clausura do Club de Lectura 2018-2019

O alumnado membro do Club de Lectura do RDT despediu este ano académico por todo o alto. Viron "O conto do cortador de bambú" mentres comían na Biblio. Realizaron un roteiro literario pola Coruña. Visitaron o antigo local de ensaio dos inicios do teatro galego na Praza de María Pita (sede do Conservatorio Nacional de Arte Galega). Puideron seleccionar libros para ler e mantiveron un encontro coas libreiras de Moito Conto, na Rúa San Andrés. Por último desfrutaron das súas novas adquisicións para próximas lecturas e un saboroso xeado.

Este ano compartiron boas ideas e bos momentos. Moitas grazas a este súper Club! 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xornada clausura Club de Lectura 18/19

5 de xuño de 2019



page | by Dr. Radut