Skip to Content

BASE LEXISLATIVA DO PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DOS CONSESLLOS ESCOLARES

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario (DOG, 29/04/88). Corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996).
  • Decreto 324/1996 , do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DERROGADOS os artigos 8 a 17, ambos os dous incluídos polo Decreto 29/2007, do 8 de marzo).
  • Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
  • Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Desta normativa extráese:

  • Na renovación parcial do 2024 no IES Rego de Trabe elixiranse:
    • 4 docentes
    • 3 estudantes
    • 1 pai / nai ou representante legal do alumnado
    • 1 representante do PAS
  • Son electores e elixibles tódolos membros da comunidade escolar, pero cada membro soamente poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.
  • A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou os representantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillos escolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido correspóndelle ó pai e a nai, ou, se é o caso, ós titores legais. O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, deberá acredita-la súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo.
  • Cada mesa electoral, unha vez finalizada a votación correspondente, procederá ó escrutinio dos votos, que será público.
  • Os empates que se puidesen producir en número de votos dirimiranse en favor dos que posúan maior antigüidade no centro e, en caso de igualdade, a elección dirimirase por sorte.


page | by Dr. Radut