Skip to Content

RECLAMACIÓN CUALIFICACIÓNS 1º BACHARELATO CURSO 2023-2024

A Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda:

- Entrega de notas ordinaria o día 10 de xuño de 2024 e de notas extraordinaria o día 26 de xuño de 2024 no horario que se estableza. Revisión no centro será o día 11 de xuño de 2024 e o día 26 de xuño de 2024, no horario de 8:50 ata 14:30.

- Recoméndase ao alumnado que fale co profesor/a antes de presentar a reclamación formal.

- A reclamación debe ser por escrito ao Equipo directivo de 8:50 a 14:30h nas datas sinaladas (o modelo de reclamación pode recollerse en Xefatura de Estudos).

- Os impresos para tramitar as reclamacións serán facilitados na conserxería do centro aos proxenitores e/ou representantes legais do alumnado.

- En caso de alumnado maior de idade os trámites poderán ser realizados polo propio alumno/a.

 

Trámites e actuacións para BACHARELATO

Ordinaria

Extraordinaria

Presentación

Reclamación formal ante a dirección

11 e 12 de xuño de 2024

27 e 28 de xuño de 2024

Revisión no centro

Decisión de modificación ou ratificación da cualificación final (Informe do equipo docente ou departamento didáctico)

13 de xuño de 2024

1 de xullo de 2024

Reunión extraordinaria para revisar o proceso de adopción da decisión de promoción ou titulación á vista das alegacións realizadas.

13 de xuño de 2024

1 de xullo de 2024

Comunicación da decisión ao alumnado  reclamante, e á persoa docente titora

14 de xuño de 2024

2 de xullo de 2024

Anotación nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final

Tras o proceso de revisión.

Tras o proceso de revisión.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Reclamación ante a Xefatura Territorial (no caso que persista o desacordo)

17 e 18 de xuño

3 e 4 de xullo de 2024

Anotación nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final

Tras o proceso de revisión.

Tras o proceso de revisión.

- A atención ás reclamacións por parte dos departamentos realizarase o día seguinte de recibida a reclamación formal por escrito.

- Comunicación á persoa reclamante da resolución do Departamento; e información do procedemento a seguir caso de que non estea de acordo.

Xefatura de Estudos

NORMATIVA APLICABLE:

- Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210311/AnuncioG0598-040321-0002_gl.pdf

- Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/circular_1_2022.pdf



page | by Dr. Radut