Skip to Content

Escola de familias

 

Estimadas familias,

A Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 21 de febreiro ás 20.00 horas no salón de actos (para garantir a distancia de seguridade) do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

 

Desta volta imos abordar unha demanda habitual das familias, como acompañar no estudo ás nosas fillas e fillos, ata onde axudar ou como facelo. E tamén o acompañamento na toma de decisións sobre a continuación dos estudos. É especialmente importante este tema para as familias do alumnado que está en 4ºESO e bacharelato que está nun momento de toma de decisións.

 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora do centro) e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante.

 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora antes do 17 de febreiro.

ONDE? No salón de actos do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 21 de febreiro de 2022 ás 20.00

 

 

 

 

 

Agardámosvos!



story | by Dr. Radut