Skip to Content

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Durante este curso escolar queremos botar a andar a Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas, co fin de convivir nunha serie de encontros para tratar temas de interese para a comunidade educativa. Familia e escola falando da educación, esa tarefa complexa e compartida. 

Para iso imos comezar facendo un primeiro encontro no que a través da dinámica “mesas-café” debateremos sobre o que nos preocupa da educación das nosas fillas e fillos e extraeremos estratexias que nos axudarán no día a día. 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por coidado das fillas e fillos poñédevos en contacto coa orientadora do centro e trataremos de buscar unha solución. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora antes do 15 de novembro.

 

 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 15 de novembro de 2021 ás 20.00

 

  Agardámosvos!



story | by Dr. Radut