Skip to Content
Versión para impresora

LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2024-2025

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA - ESO

O noso centro mantense no Programa Edixgal, polo que o alumnado seguirá contando cun ordenador portátil dotado con libros dixitais na maioría das materias; e en base ao que marca a normativa vixente non terá acceso ás axudas de Fondo Libros. O listado de libros e material para ESO aparece no arquivo adxunto. Os libros que non aparecen terán que falar có profesorado en setembro ou segundo as instrucións que figuran no listado.

BACHARELATO

O listado de libros e material para o vindeiro curso escolar atópase no arquivo adxunto. Os libros que non aparecen terán que falar có profesorado en setembro ou segundo as instrucións que figuran no listado.

CICLO SUPERIOR

Para a materia de 1º de Ciclo "MP1708 Sustentabildiade aplicada ao sistema productivo" recoméndase utilizar o libro seguinte.

Título: "Sustentabildad Aplicada al Sistema Productivo". Editorial Editex.

Edición 2024. ISBN: 978-84-1134-934-5. EAN: 9788411349345. Inclúe unha licenza dixital.

 

Escola de Familias (18 Marzo 2024)


Estimadas familias,


Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 18 de marzo ás 20.00 horas na biblioteca do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que preocupa moito, tanto ás familias como ao profesorado e alumnado, xa que cada vez estamos vivindo máis casos problemáticos: a saúde mental. Para axudarnos, contaremos co psicólogo Manu Santos. Reflexionaremos xuntas/os sobre as nosas preocupacións, e sobre as pequenas cousas prácticas que podemos levar a cabo para xestionalo no noso día a día.


Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir. Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro. 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

 

CANDO? O luns 18 de marzo de 2024 ás 20.00

Escola de Familias (19 Febreiro 2024)

 

Estimadas familias,

Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 19 de febreiro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que preocupa moito, en especial ás familias: a orientación académica e profesional. Para axudarnos, contaremos coa nosa orientadora Nerea López.Reflexionaremos xuntas/os sobre as posibilidades, intereses e preocupacións, e sobre que podemos facer e como o podemos enfocar no noso día a día.

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro.  

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

 

CANDO? O luns 19 de febreiro de 2024 ás 20.00 (ou ás 19h30)

Inicio de curso 2023-2024

Inicio de curso 2023-2024

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE EMPEZA EN 1º ESO

LUNS DÍA 4 ÁS 13:30h

Salón de Actos

 

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA

LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023

A presentación terá lugar no salón de actos do IES Ramón Cabanillas nas horas indicas na táboa. As clases desenvolveranse en horario normal ata as 14:30 e esa tarde do luns de 16:30 ata 18:15.

 

CURSO

HORA PRESENTACIÓN

1º ESO

8:50

2º ESO

10:00

3ºESO

10:20

4º ESO

10:40

1º BACHARELATO

12:00

2ºBACHARELATO

12:20

Distribuir contido


by Dr. Radut