Skip to Content

qt+ Relacionarte. Educación sexual na adolescencia.

-Relacionarte-

educación sexual na adolescencia

ámbito educativo

INTRODUCIÓN

A adolescencia é unha etapa da vida de grandes cambios evolutivos, no que a sexualidade é un factor clave do desenvolvemento persoal. Formar ao alumnado desde unha perspectiva que favoreza o autocoñecemento da propia identidade e sexualidade, así como da maneira de vivir a sexualidade desde a igualdade e o bo trato nas relacións interpersoais, evitando os esterotipos que moitas veces se fornecen desde a publicidade e o ocio. Estes son eixos vitais deste proxecto e das necesidades do centro educativo.

Desde a diversidade de materias e profesorado que conformamos este proxecto tentamos cos nosos recursos e ferramentas crear un mapa de “consciencia”, “axuda” “apoio” e “acompañamento” que sirva ao noso alumnado a desenvolverse integralmente, desde a igualdade, como persoas respetuosas no ámbito das relacións sexuais e afectivas.

OBXECTIVOS

  • Achegarse o autocoñecemento da propia sexualidade.
  • Discernir entre os estereotipos nas relacións sexuais.
  • Fomentar o valor da información veraz e contrastada sobre o sexo e a sexualidade.
  • Aprender a utilizar as tecnoloxías de xeito seguro.
  • Dar a coñecer as ferramentas e recursos que ten o alumnado á súa disposición. .
  • Distinguir entre os distintos tipos de amor e de parella.
  • Recoñecemento do mapa da diversidade sexual.
  • Mellorar a autoestima entre o alumnado.
  • Fomentar o respecto e a igualdade.
  • Fortalecer a toma de decisións conscientes, responsables e respetuosas nas relacións sexuais e íntimas en escenarios que plantexan un dilema de actuación.
  • Achegamento ao dilema da “diferenciación de xéneros” como un construto social e cultural.

ACTIVIDADES

Sonia Pérez Sieira

  • Explicación sobre a unidade didáctica da "Reproducción Humana". Sexualidade, Identidade de xénero e anatomía dos órganos reproductores.
  • Sesión sobre métodos anticonceptivos e de hixiene femenina.
  • Sesións de investigación sobre Enfermidades de Transmisión Sexual.

Neste trimestre, na Unidade sobre a reproducción humana, falamos sobre a sexualidade, a identidade de xénero, a anatomía e fisioloxía dos aparellos reproductores, traballando tamen as ETS...

Durante varias sesións o alumnado puido coñecer aprender datos novos sobre o funcionamento do seu corpo.

Realizaron unha búsqueda de información sobre unha ETS, discriminando e resumindo esa información nunha pequena ficha onde incluiron información sobre a causa, síntomas e tratamentos desa enfermidade.

Nunha última sesión, este alumnado de 3° da ESO tamen fixo un pequeno obradoiro para poder coñecer un pouco mais sobre os profilácticos e a súa correcta colocación e algúns produtos de hixiene femenina.

ACTIVIDADES

Ana Belén Puñal Rama e Laura Gómez Pensado

Actividades dentro do Club de Lectura e nas aulas de Língua Galega, de lectura, interpretación e debate de dous libros directamente relacionados coa sexualidade e a diversidade sexual como foron: "O diario Vermello de Carlota" ( de Gemma Lienas) e "O derradeiro libro de Emma Olsen" (de Berta Dávila con Ilustracións de Pablo Prado).

O derradeiro libro de Emma Oldsen

Autor/a: Berta Dávila

Ilustrador: Pablo Prado

Título: O derradeiro libro de Emma Olsen

Idioma : Galego

Ano: 2020

Editorial: Galaxia

Cómic (Adaptación da novela co mesmo título de Berta Dávila)



O último libro de Emma Olsen é unha falsa autobiografía na que a protagonista, unha exitosa escritora cun Premio Pulitzer, enfronta un cancro terminal antes de cumprir os corenta. Nas súas últimas semanas, regresa a Faith, o seu pobo natal no Midwest, para escribir unhas "memorias urxentes" e redimirse dunha antiga culpa a través da escritura. A historia céntrase nos seus anos de adolescencia e un amor secreto con outra moza, marcado por encontros íntimos e furtivos. A través destes recordos, a narración vólvese íntima e emotiva, aínda que constantemente envolta na presenza sinistra da morte. A morte, aínda que omnipresente, non se utiliza para sensiblería, senón como unha vía de escape e un punto de inflexión. Desde o punto de vista adolescente, descríbese como un período de confusión, fuxida e procura de identidade sexual e profesional. A adolescencia, segundo o libro, non é unha época de frivolidade, senón unha etapa intensa e destrutiva onde cada decisión ten un impacto duradeiro. As relacións íntimas entre persoas do mesmo sexo e a visión da vida e a morte desde esta perspectiva adolescente son temas centrais, destacando a intensidade e complexidade emocional deste período da vida.

O diario vermello de Carlota

Autor/a: Gemma Lienas

Título : O diario vermello de Carlota

Idioma: Galego

Año: 2006

Editorial: Galaxia

Novela



O libro relata como unha adolescente, chamada Carlota, decide facer un diario vermello sobre a sexualidade. Anotará experiencias persoais e anécdotas que lle irá contando xente da súa contorna, así como: opinións sobre o embarazo, métodos anticonceptivos, a homosexualidade, as enfermidades de transmisión sexual, regúlaa etc. Durante este camiño coñecerá a un mozo, chamado Flanagan, co cal experimentará novas sensacións e terá relacións intimas. Ademais Flanagan, ao mesmo tempo, está a escribir un diario vermello sobre a sexualidade dos mozos.

Ou libro trata sobre a sexualidade nas adolescentes explicada a través das experiencias de Carlota. Aparecen diversos personaxes: mellores amigas, tía, veciña, profesora coas que conparte información e que axudan a resolver e dar perspectiva as dúbidas, e tamén un par de mozos, ou principal dá historia (Flanagan), co que experimentará e terá relacións íntimas e Koert co que mantén unha relación a distancia. A historia desenvólvese na actualidade, na cidade de Barcelona.

 

ACTIVIDADES

Xurxo Fernández Fernández

EducAndo. As letras na música.

Actividade de análise de letras e mensaxes en cancións e composicións contemporáneas de corte sexista e machista. Actividade para educar na igualdade e ser conscientes e críticos co que escoitamos e consumimos onde a pesar dos avances a visión sobre a muller segue a manter visos de cosificación e estereotipación, perpetuando a perspectiva da muller como obxecto sexual.

Visións patriarcais de dominio do home e papel submiso da muller. Contra a violencia de xénero.

Canción Intro, positiva de defensa da diver….

SKA-P: “Brave girls”

Composicións como as de:

Os Ronaldos: “Sí, sí”

Arcangel & Bad Bunny: “La Jupa”

Romeo Santos: “Propuesta Indecente”

(Sumisión da muller)

Prince Royce: “Carita de Inocente”


Composicións de autores/as comprometidos/as que loitan contra as músicas sexistas e machistas:


Rayden: “Gargantúa”

Rayden: “Caza de pañuelos”

(Contra as relacións non consentidas)

Ghost Killer Track & Kidd Keo: “Celine (with Kidd Keo)”

(Aborda o acto sexual sen faltar o respeto a ningunha das partes involucradas)


https://radiobuserana.wordpress.com/?query-4-page=2

Pablo Gonçalves Rodrígues

CONFERENCIA-TERTULIA sobre a organización e creación de grupos humanos nun sistema binario (home-muller) desde comezos da idade Moderna e a Arte como un dos ámbitos fundamentais neste proceso. Análise sobre a representación femenina na arte.

CURRÍCULUM

Graduado e posgrao en diferentes campos que van dende a interpretación musical ata a investigación musicolóxico, filosófico ou histórico-artístico.

  • Posgrao en Filosofía Contemporánea
  • Posgrao en Investigación en Historia da Arte.
  • Licenciado en Música Antiga, especialidade Bevel Frauta
  • Licenciado en Historia e Ciencias da Música
  • Licenciado en Historia da Arte
  • Licenciado en Educación

No ámbito da interpretación musical, as súas principais áreas de interese están, por unha banda, na produción estritamente contemporánea; por outra, no amplo espazo da música anterior a 1800, onde desenvolve proxectos dende o repertorio medieval ata o Empfindsamer Stil.

Con iniciativas propias ou en colaboración con outros grupos, ten ofrecido concertos por todo o continente europeo, dende as Illas Británicas ata Turquía.

No ámbito da investigación, os seus ámbitos de actuación sitúanse principalmente en tres disciplinas aspectos distintos, a saber: análise e estética musical; a filosofía que segue ás do acontecemento e da diferenza; É os procesos de subxectivización nas artes plásticas, en particular a produción de xénero.

SINOPSE DA CONFERENCIA

A Idade Moderna establece unha nova organización das formas de vida nas sociedades europeas dereitos humanos en virtude dos cales se distribúen dentro dun sistema binario baseado no criterio de sexo.

A bisexualidade obrigatoria imponse con dous lugares únicos e exclusivos para os suxeitos que o sexan fórmanse –ben muller ou home pero nunca os dous ao mesmo tempo–. sistema binario e xerárquico, polo que unha das novas identidades, o home, domina e a outra, a muller, queda sometida.

Na consolidación da nova orde de cousas participa todo o conxunto de poderes-coñecementos diferentes prácticas coas que se producen novas subxectividades. A práctica artística non está fóra disto produción de materia, sobre todo pola parte de que tal práctica, sempre extremadamente complexa, dá un xiro fronte a réximes significativos.

Nesta actividade veremos como nas artes plásticas da Idade Moderna os corpos prodúcense como feminino ou masculino. En particular, exploraremos a produción de muller atendendo a elementos como os aparellos empregados na pintura para asociar a corpo ao feminino; a definición pictórica deste mesmo feminino como pasivo, doméstico, non racional; ou os mecanismos –semiolóxicos, técnicos, de composición– empregados na pantalla para construír as posicións de dominación masculina e subordinación feminina.

ACTIVIDADES

Silviana Cobas Iglesias

Actividade: "O impacto da pornografía na sexualidade adolescente". Visionado e debate dos videos do programa de Jordí Évole na Sexta sobre o tema. (Ligazón:https://www.lasexta.com/programas/salvados )


Actividade de creación por grupos, de presentacións narradas en formato video, nas que o alumnado expresa como actuaría e reaccionaria fronte a unha serie de "escenarios" inventados por eles ou fornecidos pola profesora onde se plantexan dilemas de proceder, de índole sexual que esixen, determinación, firmeza mental, respeto, coidado, información…

TRABALLO TRIMESTRAL - PRESENTACIÓN NARRADA – QUÉROTE+ (Método de traballo):


ESCENARIOS



Idear 5 escenarios (ou elixir entre os propostos )relacionados co proxecto QUÉROTE +

O traballo será unha Presentación- Narrada: Una presentación dixital na que aparecerá o escenario en texto e no apareceredes en vídeo lendo o escenario e explicando o voso modo de actuación e expresión de sentimentos para cada escenario. (Posibilidade de facelo en Canva seleccionando a proposta de "Presentación Narrada".


Deberá contar con:

- Introdución.

- Vídeos de cada compoñente do grupo (vídeos individuais) co modo de actuación para cada escenario.

- Aportes audiovisuais (audio, música, fotos, ... a poder ser libre de dereitos de autor).

- Conclusión

Duración: mínimo 5 minutos.

Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail

ACTIVIDADES

David Creus Andrade

Actividades realizadas en clases de titoría e Educación Plástica Visual e Audiovisual que pretenderon ser un foro aberto a exposicións e debates sobre cuestións relacionadas co “sexo” os “sentimentos” a “adolescencia”, onde amosar “en corpartido” os nosos saberes e inquedanzas, as nosas experiencias e as nósas dúbidas, os nosos temores e a nosa diversidade sobre o sexo, as relacións sexuais e as emocións, sempre desde o acordo e o pacto de respeto de persoas e ideas e a confidencialidade como principio fundamental para desenvolver as sesións.

IMPORTANTE: Para o desenvolvemento das sesións explicouse e insistiuse sobre a necesidade de non detallar situacións persoais nin entrar de ningunha das maneiras en casos especialmente íntimos que poideran inferir negativamente no alumnado.

A meirande parte das sesións partiron dunha exposición do tema, dun traballo individual e reflexivo propio do alumnado durante os 10-15 minutos iniciais da sesión e unha posta en común e debate no tempo restante. As conclusións e dúbidas escríbíronse na pizarra. Só nalgúnha das sesións, buscouse información na aula de informática o resto foi debate e posta en común na aula.


1º SESIÓN: “Emocións e sentimentos”. Definición e diferencias. Identificación e comunicacións das mesmas na adolescencia.

Tratamos de identificar e poñer nome a diversas emocións, a recoñecernos en estados emocionais compartidos na adolescencia, a como vivimos estes estados e como respondemos no noso entorno social. Como somos capaces de ter recursos e buscar persoas de referencia coas que compartir.

2º SESIÓN: “Amor” e “Sexo”. Qué é ou que entendemos por Amor? Que é ou que entendemos por Sexo?

Qué é ou que entendemos por Amor? Que é ou que entendemos por Sexo? É o mesmo Amor que Sexo? Ou Sexo que Amor? Pode haber Sexo sen Amor? Ou Amor sen Sexo?Hai unha forma de amor “unica”? Hai unha forma de sexo “Única”? Coitos – orgasmos – preliminares.

3º SESIÓN: “Tres preguntas”: formula unha duda sobre sexo, un medo sobre sexo e diferencia entre o que che da placer o que che gusta e o que cres que che gusta nas relacións sexuais, se é que ves diferencia.

  • Formula unha dúbida que teñas sobre sexo.
  • Describe un medo ou reparo que teñas sobre sexo.
  • Reflexiona sobre: Diferencia entre o que me da placer / o que me gusta / o que creo que me gusta.

4º SESIÓN: “Buscando o respecto e a igualdade no momento das relacións sexuais” Como reaccionarias fronte a unha serie de situacións que se poden dar no momento de ter relacións sexuais para “coidarte” e “coidar”?

  • A outra persoa quere ter relacións sexuais e ti non.
  • A outra persoa quere ter relacións sexuais sen métodos anticonceptivos e ti non.
  • A outra persoa quere que manter relacións sexuais dun determinado tipo que eu non quero.
  • Teño dor durante as reaccións sexuais.
  • É a miña primeira vez e atópome perdido/a
  • Noto moita presión do outro/a e do entorno para manter relacións sexuais.
  • Etc…

5ª SESIÓN: “A onde e a quen acuden para informarse sobre sexo e sexualidade?”

Nesta sesión tratamos sobre todo de testear cales son as principais fontes de información e persoas de referencia ás que acudir para poder falar e preguntar sobre sexo. Tratamos máis polo miúdo o tema da pornografía, mal social que incide cada vez máis en edades tempranas e crea unha deformación sobre a realidade da sexualidade.



page | by Dr. Radut