Club de ciencias 23-24 Ángeles Alvariño (Marisa Castiñeira)
Diagrama de temas
-
O Club de Ciencias Ángeles Alvariño é o club de ciencias do IES Rafael Dieste.
O logo do club de ciencias é creación de Catalina Méndez Abab.
Ten como obxectivos conservar e despertar a curiosidade do alumnado, o pensamento e crítico, o traballo e a ilusión tanto no eido da ciencia ? ? ? como transversalmente en todas as áreas, facendo fincapé na pluralidade das persoas.
«Na ciencia non hai dogmas, os consensos científicos se confirman o refutan no seguinte experimento, é unha obra colectiva de verdades provisionales» (Juan Ignacio Pérez)
Este ano traballaremos no laboratorio de Ciencias os martes de 15:30 a 14:30.
Ademais dos proxectos experimentáis, o alumnado traballará na organización de eventos e actividades de ciencia que se levarán a cabo no instituto.
Todo este traballo quedará recollido no apartado de actividades.
Este ano o Club de Ciencias está levado polo seguinte profesorado
- Castiñeira García, María Luisa (Bioloxía-Coordinadora)
- LópezViñuela, Isabel.
-
Quen foi ÁNGELES ALVARIÑO
María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.
Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015.[O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome. (Wiki Galicia)
Retrato de Ángeles Alvariño, por Anxo Miján Maroño