22-23 2º BAC A, B e C - CTMA - Marisa Castiñeira.
Esquema de temas
-
-
O martes 18 de octubro (9:20-18:30) Imos ver uns dos cantís máis altos da Europa continental.
Botar unha ollada a estas páxinas.Rutas Xeolóxicas de Galicia
Inicio_ES | Cabo Ortegal- Geoparque
-
-
The Martian
Ficha técnica
Título orixinal
The Martian
Director
Produtor
Simon Kinberg
Ridley Scott
Michael Schaefer
Aditya Sood
Mark HuffamGuión
Baseado en
Intérpretes
Matt Damon
Jessica Chastain
Kristen Wiig
Jeff Daniels
Michael Peña
Kate Mara
Sean Bean
Sebastian Stan
Aksel Hennie
Donald Glover
Mackenzie Davis
Chiwetel EjioforMúsica
Fotografía
Montaxe
Estudio
Distribuidora
Estrea
Festival de Toronto: 11 de setembro de 2015
2 de outubro de 2015Duración
141 minutos[1]
Orixe
Xénero
Ciencia ficción
Orzamento
$108 000 000[2]
Recadación
$257 700 000[3]
The Martian é un filme estadounidense de ciencia ficción[4] dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2015. Está protagonizado por Matt Damon e a historia baséase na novela de Andy Weir The Martian, que foi adaptada ó guión por Drew Goddard. Damon interpreta a un astronauta que é dado por morto e abandonado en Marte que ten que loitar por sobrevivir. No filme tamén aparecen Jessica Chastain, Kristen Wiig, Jeff Daniels, Michael Peña, Kate Mara, Sean Bean, Sebastian Stan, Aksel Hennie e Chiwetel Ejiofor nos papeis secundarios.
O produtor Simon Kinberg comezou a desenvolver o filme despois de que 20th Century Fox considerase a novela en marzo de 2013. Drew Goddard adaptou a novela nun guión e nun principio foi elixido para dirixilo, mais o proxecto non seguiu adiante. Ridley Scott substituíu a Goddard, e con Damon como personaxe principal, a produción obtivo a luz verde. A rodaxe comezou en novembro de 2014 e durou aproximadamente 70 días. Foron construídos preto de 20 escenarios nun estudio de Budapest, un dos meirandes do mundo. Wadi Rum en Xordania, foi usado para practicamente toda a fotografía de paisaxe do filme.
Argumento
A tripulación dunha misión a Marte é sorprendida por unha tormenta e vese obrigada a abortar a misión. O astronauta Mark Watney (Matt Damon) é dado por morto e queda só no planeta vermello. Deberá usar o seu enxeño e a súa capacidade de supervivencia para facer saber á Terra que está vivo e lograr ser rescatado.
Personaxes
- Matt Damon como Mark Watney
- Jessica Chastain como Melissa Lewis
- Kristen Wiig como Annie Montrose
- Jeff Daniels como Theodore "Teddy" Sanders
- Michael Peña como Rick Martinez
- Kate Mara como Beth Johanssen
- Sean Bean como Mitch Henderson
- Sebastian Stan como Dr. Chris Beck
- Aksel Hennie como Dr. Alex Vogel
- Chiwetel Ejiofor como Vincent Kapoor
- Donald Glover como Rich Purnell
- Benedict Wong como Bruce Ng
- Mackenzie Davis como Mindy Park
- Naomi Scott como Ryoko
- Nick Mohammed como Tim Grimes
- Eddy Ko como Guo Ming
- Chen Shu como Zhu Tao
-
-
-