O curso de Xeografía e Historia de 4 da ESO abrangue a Historia contemporánea dende a caída do Antigo Réxime ata hoxe en día, principalmente en occidente, sen esquecer o devir particular da Historia de España e de Galicia. Ao longo de varios séculos estudiaremos as transformacións sociais, económicas, políticas e culturais da nosa Historia, e nos achegaremos aos procedementos de análise de fontes históricas, estadísticas e gráficos para a súa comprensión.