COMUNICACIÓN AS FAMILIAS DO INICIO DE CURSO 2021/22

Comunicación ás familias:  Inicio curso

Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2021-2022, aínda condicionado pola pandemia que nos obriga a gardar o protocolo covid (na web para inicio de curso) para seguir facendo deste centro un centro seguro e con ensino presencial.

 Inicio, con incorporación gradual que facilite a información e práctica do protocolo:

 - 15 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas) : 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 1º Bach

- 16 setembro (horario habitual de 8:30 a 14:00 horas): Todos os grupos, de ESO, FPB, Bacharelato e Ciclo Superior

 

Convocatoria familias de alumnado (no posible só un único representante por cuestión covid) de 1º ESO  e 1º Bacharelato:

 - Luns 13 de setembro

-  Horario: ás 17:00 h.1º ESO;

                  ás 18:15 h. 1º Bach

Lugar: Pista cuberta

Obriga uso de máscara

 AVISO importante:

 - NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma covid

- As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.

- Deben cubrir e asinar o documento “Declaración responsable” e presentalo en Conserxería entre as 8:30h e as 14:00 h. ou, escaneado, a través do correo electrónico con data límite o día de incorporación do alumno ou alumna ao centro.

AdxuntoTamaño
declaracion_responsable_21_22.pdf52.02 KB
Anexo_V._Plan_adaptacion_ao_contexto_Covid_IES_Primeiro_Marzo_21-22.pdf522.89 KB