Lembramos que a data da publicación da 1ª adxudicación de ciclos superiores e medios é o 19 de xullo.
O calendario de matriculación é: dende o 19 de xullo ata as 13:00 horas do 22 de xullo
Documentación para a matrícula: Anexo VII (matrícula), solicitude de transporte, autorización para a imaxe do alumnado, 2 fotos, copia do DNI e da tarxeta sanitaria e resgardo do pago do seguro escolar (1,12 euros) á conta de ABANCA: ES12 2080 5015 68 3040014348 e certificación académica.
Achegamos modelos para a matrícula e información da Consellería sobre o proceso de matrícula, reserva ou renuncia
Horario da secretaría para o público: de 9:30 a 13:00 h. (mes de xullo)
NOTA: o alumnado que teña algunha incidencia poderá poñerse en contacto coa secretaría do IES ao número de tf. 886110127, no mesmo horario.
De non matricularse ou renunciar á praza no periodo establecido para a 1ª Adxudicación ordinaria, a solicitude será eliminada do proceso de admisión.
Estar matriculado en calquera ensinanza implica a renuncia a continuar participando no proceso de admisión en ciclos formativos.
As instrucións para realizar estas accións estarán dispoñibles para o alumnado na páxina web: www.edu.xunta.gal/fp. Na mesma páxina estarán dispoñibles os accesos aos servizos en liña
AVISO: 16 prazas liberadas. Máis información na seguinte ligazón
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelos matrícula CICLOS.pdf | 1.21 MB |
Instrucións matrícula-renuncia_ordinario_2022-2023_VF.pdf | 581.22 KB |