PUBLICADA A ORDE DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES.
ENLACE PARA CUBRIR A SOLICITUDE:
Todas as persoas solicitantes terán que empregar o asistente informático para a confección da solicitude para as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional, dispoñible no seguinte ENLACE que xerará un solicitude en formato normalizado
https://www.edu.xunta. gal /ciclosprobas/PaxinaInicio
ENLACE PÁXINA DE INFORMACIÓN
http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
Prazo de admisión ás Probas Ciclos Superiores: 31/1/22 ao 11/2/22
Prazo de admisión ás Probas Ciclos Medios: 3/3/22 ao 16/3/22
______________________________________________________________
Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía
Data e hora DA PROBA PARA CICLOS SUPERIORES
A proba realizarase o 28 de abril de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Parte común da proba:
–Das 09:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
Parte específica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida
Documentación que cómpre levar e material para utilizar
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.
XUNTAMOS ARQUIVOS COA INFORMACIÓN, INSTRUCIÓNS E O CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO.
Para o alumnado usuario do Transporte Escolar
Os usuarios/as das seguintes liñas de transporte:
Ocuparan SEMPRE as plazas asignadas no documento publicado na Web do centro.
Os usuarios do resto das liñas seguirán ocupando a MESMA praza ata a publicación da nova asignación.
AVISO:
Día 25: Votación das familias para renovar aos membros no Consello Escolar do Centro
Lugar: entrada da conserxería do Centro.
Horario: de 16:00 a 18:30 horas
Moitas grazas pola colaboración e a disponibilidade
Achegamos arquivo coa acta do sorteo de membros da Xunta Electoral para as eleccións á renovación parcial do Consello Escolar do centro.
Para a Renovación Parcial do Consello Escolar é preciso facer o sorteo dos compoñentes, titulares e suplentes, que constituirán a Xunta Electotal. Dito sorteo, de carácter público, levarase a cabo o venres 29 de outubro ás 11:00, seguindo as instruccións da Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro).
O mércores 3 de novembro ás 11:00 farase constitución da Xunta Electoral cos membros elexidos, tras convocatoria previa.
Para mais información consultar o documento adxunto.
Admisión:
Vacantes: 17 prazas en cada un dos sete módulos de 1º curso.
O proceso e os prazos para dar cumprimento á devandita disposición adicional primeira serán: – As prazas de módulos que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. – Para tales efectos, o día 4 de outubro, os centros educativos farán pública no taboleiro de anuncios unha relación de todos os módulos profesionais liberados en cada ciclo formativo. – A matrícula farase no prazo comprendido entre o 5 e o 8 de outubro, por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial. – O proceso de matriculación neste réxime rematará ás 13:00 horas do día 8 de outubro. A partir desta data, non se producirá matriculación ningunha sen autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
INFORMAMOS DOS FESTIVOS LOCAIS DE BAIONA ( días non lectivos)
24 DE SETEMBRO: San Cosme e San Damián
1 DE OUTUBRO: Festa da Arribada
Publicación : 15/09/2021
Achegamos arquivo coa listaxe.
AVISO: inicio de curso o 16 de setembro, horario de 8:30 a 14:00 horas
Documentación que entregarán en secretaría (se non o fixeron con anterioridade):
Copia tarxeta sanitaria e copia dos DNI pais e alumno/a, pago do seguro escolar (1.12 euros), dúas fotos, certificación académica do último curso, declaración responsable (covid 19) e autorización uso de imaxe, impreso de transporte.
Teñen esta información publicada con anterioridade nesta mesma páxina.
O prazo para solicitar beca por estudos de FP é ata o 30 de setembro, se fai en liña por internet na páxina do Ministerio (MEC).
https://www.becaseducacion.gob.es/
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/t...
NON HAI PRAZAS DISPONIBLES
Xuntamos arquivo coa listaxe dos vales concedidos.
Comunicación ás familias: Inicio curso
Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2021-2022, aínda condicionado pola pandemia que nos obriga a gardar o protocolo covid (na web para inicio de curso) para seguir facendo deste centro un centro seguro e con ensino presencial.
Inicio, con incorporación gradual que facilite a información e práctica do protocolo:
- 15 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas) : 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 1º Bach
- 16 setembro (horario habitual de 8:30 a 14:00 horas): Todos os grupos, de ESO, FPB, Bacharelato e Ciclo Superior
Convocatoria familias de alumnado (no posible só un único representante por cuestión covid) de 1º ESO e 1º Bacharelato:
- Luns 13 de setembro
- Horario: ás 17:00 h.1º ESO;
ás 18:15 h. 1º Bach
- Lugar: Pista cuberta
- Obriga uso de máscara
AVISO importante:
- NON se pode acudir ao centro en caso de presentar algún síntoma covid
- As familias, diariamente, deberán cubrir a autoenquisa (non hai que enviala ao centro) para detectar posible sintomatoloxía.
- Deben cubrir e asinar o documento “Declaración responsable” e presentalo en Conserxería entre as 8:30h e as 14:00 h. ou, escaneado, a través do correo electrónico con data límite o día de incorporación do alumno ou alumna ao centro.