Novas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

 Orde do 29 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, PARA ALUMNADO DE ESO.

Acceso á aplicación : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

Prazo ata o 22.06.2022, tanto sea presentación  no centro ou a través da sede electrónica

Lugar de entrega presencial: conserxería do IES

Horario:

De luns a venres de 9:00 a 13:30

Tamén os luns: de 16:00 a 18:00 horas

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23. ESO/BAC

Publicado no taboleiro da secretaría a relación definitiva de admitidos para o curso 22/23

CIRCULAR SOBRE O PROCESO DE MATRÍCULA ORDINARIA DA ABAU E PAGO DE TAXAS.

Convocatoria para o xoves, día 19/5/22 dirixida ao alumnado e as familias:

O  xoves informaremos do proceso de matrícula ordinaria da ABAU, pago das taxas e instrucións

Achegamos arquivo coa circular que entregaremos o día 19 de maio no salón de actos do centro de 9:00 a10:00 horas. Convócase a todo o alumnado que aprobe 2º de bacharelato (calquera familiar que quera tamén poderá asistir).

Informaremos sobre o proceso de matrícula na ABAU, CICLOS e UNIVERSIDADE e entregaremos os seguintes impresos:

Impreso de pago das taxas para as probas ABAU, poden descargalo da web da CiUG

Impreso de taxas para pagar o título de bacharelato. Achegamos instrucións e modelo cos códigos, este modelo entregarase o 19 na cita co alumnado.  O ABONO DAS TAXAS DE TÍTULO SE FARÁ O 23 DE MAIO, DÍA DO PECHE DAS ACTAS DE AVALIACIÓN.

Circular sobre o proceso, datas, sede , contactos, etc

Calendario probas ABAU

Instrucións aplicación NERTA

Instrucións CiUG e protocolo ABAU

 Aplicación Nerta: https://www.edu.xunta.gal/nerta/ (nesta aplicación se obtén datos do alumnado , reclamacións, matrícula etc)

Páxina da CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia):

https://ciug.gal/gal/abau

Nesta web poden informarse sobre o proceso, notas de corte, ponderacións, oferta de grados, lexislación etc.

 O IES non matricula ao alumnado nos grados da Universidade. Achegamos arquivo co calendario de solicitude de admisión nas Universidades de Galicia (SUG) 22/23

AVISO IMPORTANTE: a secretaría do IES matriculará na aplicación NERTA ao alumnado, estes terán acceso ao NERTA dende o 19 , día da entrega presencial das notas, ainda que non estean matriculados na ABAU, polo tanto só terán información sobre datos persoais ata que a secretaría lles matricule.

No momento que matriculemos na aplicación, esta xera un código de usuario ao estudante no seu email.

Achegamos CIRCULAR (adxunto).

¡Moita sorte!. Atentamente.

Secretaría do IES Primeiro de Marzo.

REMATE CURSO 2º BACHARELATO. CALENDARIO EXAMES E PROCESO DE RECLAMACIÓN

AVISO: Información sobre a convocatoria ordinaria

 

Remate das clases presenciais de 2º DE BACHARELATO: 6 de maio

Convocatoria  ordinaria de probas (Maio): Do luns, 9 de maio ao venres 13 de maio.

Publicación notas en ABALAR: día 18 de maio  ás 21 horas.

Entrega  presencial dos boletíns:  día 19 de maio ás 8:45 horas

* A Cita en secretaría para informarlles sobre o proceso de matrícula ao alumnado que aprobara todas as materias ou calquera  familiar interesado/a, sobre a  matrícula ABAU ou a matrícula en Ciclos superiores e retirar os impresos correspondentes tamén os das taxas de  títulos será o 19 de maio de 9:00 a 10:00 horas

Matrícula ABAU: entregar documentación en secretaría o 23 de maio de 9 a 11 horas

Proba ABAU: 7, 8 e 9 de xuño. Comisión Delegada, nº 32. Sede: Edificio de Ciencias Experimentarias. Vigo

Achegamos arquivo coa información do calendario das probas (maio) .

*Neste días informaremos sobre o calendario da ABAU e instrucións sobre a matrícula, entregaremos ao alumnado unha circular.

 

PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN CURSO 22.23. ALUMNADO NOVO

 

Información de interés xeneral sobre a presentación de solicitudes de admisión fóra de prazo para alumnado de nova incorporación( o prazo ordinario rematou o 21 de marzo)

A resolución de adxudicación das prazas solicitadas neste prazo extraordinario recibidas a partir do 26 de abril de 2022, correspóndelle á Inspectora de Educación con sede en Vigo.

Lexislación aplicable:

O artigo 16 do DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria,de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación establece que as solicitudes de admisión para o curso 2022-23, recibidas a partir do 26 de abril de 2022, tramitaranse conforme ao procedemento de escolarización extraordinaria.

DOCUMENTACIÓN: certificado de empadroamento, DNI proxenitores e alumno/a, copia do Libro de Familia, certificado de matrícula actual.

Achegamos arquivos cos modelos de solicitude.

O horario da secretaría para atención ao público é de 9 a 13:30 horas de luns a venres. Tfo. 886110127/886110128

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO E OBRIGATORIDADE DO SEU USO NO TRANSPORTE ESCOLAR

Publicadas as directrices no Portal Educativo, achegamos o arquivo  coa información e destacamos o punto 3, referido ao uso das máscaras no transporte escolar e o punto 4 sobre situacións para manter o seu uso.

"3. Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara.

Tras a publicación do Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar."

"4. Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara:


Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é
especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de
medidas de protección que, ao longo da pandemia,
t
éñense amosado
eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións
seguen a ter un alto valor protector. Con todo,débese ter en conta que noscentros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o
persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable."

"5. Resumo uso da máscara
OBRIGATORIO
Transporteescolar(salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
Persoal traballador do centro educativo.
Alumnado do centro educativo.
Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
Persoas traballadoras.
Visitas cando estean en zonas compartidas.
Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos
de casos."

Grazas pola colaboración.

RELACIÓN DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 22/23

As solicitudes presentadas en tempo e forma neste centro foron admitidas.

As prazas solicitadas adxudicáronse provisionalmente en todos os niveis.

A listaxe provisional está publicada no taboleiro da secretaría do Centro, poden consultala en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

A adxudicación definitiva sairá antes do 15 de maio.

Publicaremos o calendario de matrícula a finais de xuño.

DERRADEIRO AVISO: PUBLICADA A CONVOCATORIA DE BOLSAS (BECAS) PARA BACH/FP/UNIVERSIDADE CURSO 22/23. AMPLIASE O PRAZO ATA AS 24 HORAS DO 16 DE MAIO

 

Extracto da convocatoria de bolsas de carácter xeneral para o curso académico 2022-2023,  publicado o 12 de marzo: Extracto de la Resolución de 10 de marzo de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”

 Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude tanto para alumnos que  se encontren cursando ensinanzas universitarias como para os que se encontren cursando ensinanzas postobligatorias e superiores non universitarias. O prazo de solicitude será do 30 de marzo de 2022 ata  el 12 de maio de 2022, ás 24,00h, ambos inclusive.

O ENLACE DA WEB DO MINISTERIO É A SEGUINTE:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Achegamos resolución e o BOE  da convocatoria de bolsas para estudos postobrigatorios (FPB/CICLOS/BACHARELATO/UNIVERSIDADE)

Bo día,

 

Recordámosvos que o 12 de maio de 2022 remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.

 

Toda a información sobre esta convocatoria poderedes encontrala no “Portal de BECAS de EDUCACIÓN ”.

 

O acceso para a presentación online: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707 .

 

Un cordial saúdo

CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS

Acceso á información xeral das probas de acceso a grao medio

PRAZO: do 3 ao 16 de marzo, ambos incluídos

Introdución

Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D)


Información xeral e calendario

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Composición dos tribunais

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude

- Ligazón á aplicación informática

Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía

Documentación que cómpre levar e material para utilizar

O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.

PRAZO DE ADMISIÓN E OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 22/23

 

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

OFERTA de prazas deste centro para o curso 2022/23.

1º ESO:  19

2º ESO:    8

3º ESO:    9

4º ESO:    8

1º BACH: 79

2º BACH: 60

PRAZO : do 1 ao 21 de marzo de 2022. XA FINALIZADO

SOLICITUDE: o enlace para subrir a solicitude é a seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo  ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Horario da secretaría do IES: de luns a vernes de 9 a 14 horas.

DOCUMENTOS: solicitude ( modelo no arquivo adxunto) e, a efectos de comprobación de datos, os DNI ou pasaporte dos proxenitores ou titores/as, DNI  ou pasaporte do alumno/a, certificado matrícula actual, copia do libro de familia, certificado ou volante de empadroamento, carnet de familia numerosa  e certificado de discapacidade dalgún membro da familia ( ambos se é o caso)

AVISO:

1. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

2. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 16 de maio.

3. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: antes do 10 de xullo.

CALENDARIO DE MATRÍCULA NO NOSO CENTRO : PUBLICARASE A FINAIS DE XUÑO

IMPORTANTE: FINALIZADO O PRAZO DE ADMISIÓN.

AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS A PARTIR DE AGORA, SE CONSIDERAN "FÓRA DE PRAZO" POLO TANTO A SÚA RESOLUCIÓN É COMPETENCIA EXCLUSIVA DA INSPECCIÓN EDUCATIVA. ESTE PERÍODO É DENDE O 22 DE MARZO AO 25 DE ABRIL.

ACHEGAMOS NUN ARQUIVO O MODELO DESTE PROCESO EXTRAORDINARIO QUE ENTREGARÁ PRESENCIALMENTE COA DOCUMENTACIÓN ESPECIFICADA ANTERIORMENTE

Distribuir contido