PARABÉNS A PAOLA DI PIETRO ALAR!
A nosa alumna de 4º da ESO Paola di Pietro Alar acaba de conseguir unha beca da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA que lle permitirá estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá o vindeiro curso 2018-2019.
Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negra, unha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...
Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións.
O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará uns obradoiros de sensibilización e prevención de violencia de xénero os días: 2,3, 6 e 7 de novembro no centro a cargo de profesionais especialistas organizado polo Concello de Baiona con fondos do Ministerio de Educación.
Na mañá do pasado domingo 15 de outubro o incendio do monte da Virxe da Rocha afectou ao noso centro. Afortunadamente o edificio non sufriu danos mais as chamas asolaron a finca.
Estas graves consecuencias non foron maiores grazas ao esforzo de todas as persoas que colaboraron na extinción do lume e na protección do edificio para evitar que este se reiniciase.
Dende aquí queremos expresar o noso recoñecemento e a nosa gratitude a todas elas. Especialmente, a Sergio e Cristian, a Teresa e a súas fillas, a Emilio, a Puri e a Manuel, a Jose Antonio, aos representantes do Concello que estiveron colaborando con nós (o Concelleiro de Medioambiente Raúl, a Concelleira de Educación Beatriz e a Teniente de Alcalde María) e a todas as familias e alumnado que tamén se sumaron.
A Dirección
Enlace o blogue do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística: https://animacionsocioculturalyturisticabaiona.wordpress.com
Todos os que formamos parte da Comunidade escolar, felicitamos aos nosos deportistas polos logros conseguidos neste curso escolar e facemos unha mención especial a Marta Pombal, alumna de 2º de bacharelato que co seu equipo, o Mecalia Guardés, acadaron o título de campionas de liga de balonmán.
O 19 de maio tivo lugar no noso centro o emotivo acto de promoción do alumnado de 2º de bacharelato coa asistencia tamén dos pais, persoal docente e demais invitados que se sumaron ao especial homenaxe que se tributou a dous profesores que nestas datas se xubilan.
¡¡¡Felicidades a todos!!!.
A proba terá lugar o 31 de maio no IES Ricado Mella en Vigo.
Datas e lugar: En Lugo do 2 ao 8 de xullo, dirixido a estudantes de 4º da ESO e 1º BAC.
Prazo de preinscrición dende o vindeiro 28 de abril ata o 8 de maio.
Información na secretaría do IES e na páx. web: http://www.usc.es/xuvenciencia/campus