Skip to Content

Biblioteca

Benvida ao novo curso 2017-2018

Benvida a todas e todos!

Agardámonos un curso máis na biblioteca, esperando a vosa participación nas actividades que vos temos preparadas.

Anímate a participar no club de lectura e no equipo de voluntario/as, os Boirotekas.

Xa temos en marcha varios concursos para este mes. Comezamos cunha convocatoria para deseñar unha mascota para a biblio e deseguida pasaremos aos concursos propios do outono e do Samaín. Xa será a nosa sexta convocactoria do concurso de fotos e relatos de medo e decoración de cabazas.

Xa están ademais expostas as novidades de lectura nos andeis, quentiñas. Vinde!

A nosa música de loito coa morte de Narf

O pasado 16 de novembro morreu Fran Pérez "NARF" con apenas 48 anos.
Un grande da música galega, que con fermoso sentimento púxolle música e ritmo ás inmortáis verbas de Rosalía.

Amigo do noso centro, visitounos por última vez en abril do ano pasado, cando nos obsequiou cun marabilloso concerto.

Alá donde estés, Fran, agardamos que sigas medrando na música...

V Concursos do Samaín. Fotos, Relatos e Cabazas.

Un ano máis, a Biblioteca convoca tres Concursos de Medo polo Samaín, un concurso de Relatos Cortos, un concurso de Fotografía, e un concurso de Cabazas, abertos a toda a comunidade educativa do IES Praia Barraña de Boiro.   

- O relato debe ser orixinal e tratar o tema do medo, terror,... preferentemente usando as figuras da nosa cultura popular (Lobishomes,Diaños, Meigas, Santa Compaña, O Urco, Defuntos, Aparecidos, Trasnos, O Lobo da Xente,Mouros, Ondinas, Fadas, etc...)
- A extensión será breve, de entre 1 e 2 folios.
- A entrega farase enviando o texto adxunto ao correo electrónico da biblioteca: boiroteca@gmail.com, especificando nome do autor ou autora, curso e título do relato.
- Tes ata o 24 de outubro.

- Trátase de presentar unha foto que trate a temática do medo, o terror, o sobrenatural,...
- Envíanos a foto a boiroteca@gmail.com, poñéndolle ao arquivo da foto o nome do autor ou da autora.
- Valorarase a orixinalidade e o uso da nosa mitoloxía.
- Tes ata o 24 de outubro.

- Serás quen de decorar a cabaza máis orixinal e terrorífica para o Samaín? Non o deixes pasar e participa!
- Haberá que levala á Biblioteca o 24 de outubro.

Anímate a participar, Os gañadores e gañadoras levarán un PREMIO DE INFARTO!!

Esperámoste na Biblioteca!!

...Se  te atreves.

Inauguración da III Semana Temática do Centro "Desenvolvemento Sostible"

O IES Praia Barraña de Boiro celebra na semana do 11 ao 15 de abril  a III Semana Temática, coordinado pola Biblioteca Escolar, dedicada este curso ao Desenvolvemento Sostible.

Hoxe luns 11 de abril, tivo lugar o acto de presentación do evento.

O alumnado asistiu á proxección dos diversos traballos audiovisuais realizados  e á estrea do documental “O legado das Rías Galegas” de Jorge J. Candán.

Asemade hai toda una serie de traballos de investigación expostos en diversos espazos do centro.

Exposición “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”.

        Como antesala á celebración da III Semana Temática: Desenvolvemento Sostible do IES “Praia Barraña” que se desenvolverá entre os días 11 e 15 do vindeiro mes de abril, durante estas datas contamos coa exposición “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”.

         Dita exposición, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), ao longo dos 19 paneis que a compoñen, pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.

       Situada no 1º e 2º andar do edificio principal do centro, pode ser visitada en horario lectivo, de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas, dende o 8 ao 30 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut